Para a concelleira do Partido Popular Belén Villar, as manifestacións feitas polo goberno municipal e pola concelleira de seguridade, nestes días nos medios de comunicación, acerca do servizo da grúa municipal, son fruto do descoñecemento das xestións levadas a cabo nos últimos anos polo goberno sainte.
Na lexislatura pasada o goberno local sacou a concurso o servizo da grúa municipal en dúas ocasións, quedando sempre deserto.
Primeiro foi en maio de 2013, cando se elaboraron uns pregos e sacouse a licitación o servizo no mes de xuño. Durante o prazo de presentación de ofertas ningunha empresa ofertou, quedando o concurso deserto.
Entre outros requisitos, o Concello pedía o prestatario que contase con un depósito con espacio para 40 vehículos a unha distancia máxima de 5 kilómetros do casco urbán de Ponteareas. Ademais, debía garantir a retirada dos vehículos señalados pola Policía local nun tempo máximo de 15 minutos. Por este servicio, o Concello ofrecía 14.520 euros al año con el IVA incluido.
Por segunda vez, recurriuse a un procedemento de negociado sen publicidade para conseguir un novo prestatario do servizo e otorgar o contrato do denominado «Servicio Público para retirada e custodia de vehículos da vía pública», procedemento que se aprobou en xunta de goberno no mes de xullo de 2013, e que tamén quedou deserto.
No servizo da grúa, sempre foi a Policía local quen decidía qué coches debían ser retirados, levantaba acta e avisaba a grúa para que actuara. Do mesmo xeito que eran os axentes da Policía local os encargados de custodiar os vehículos e de devolvelos ao conductor cando estaban retidos no depósito municipal.
Se realmente agora a concelleira de Tráfico e Seguridade Cidadá, Vanesa Fernández, detectou que no depósito existen vehículos e materiais de “orixe ilícita” o que debe facer é abrir unha investigación, e si o cobro non se facía correctamente, debe pedir explicacións o funcionario responsable da recaudación municipal no Concello, e deixarse de facer acusacións contra o partido popular.
Xa finalmente, indicarlle a concelleira que a pesares de quedar desertos os dous procedementos de licitación iniciados o goberno do PP tratou con 3 empresas do sector que dispoñen de grúa e que traballan en Ponteareas, de lograr un acordo para a prestación do servizo, sen conseguir que ningunha se interesase polo mesmo.
Esa é a realidade e a xustificación de porqué hai no Concello de Ponteareas un contrato do ano 2001, que se foi renovando ano a ano, ata conseguir buscar unha solución pola vía da licitación.
O que debe facer o novo goberno e a concelleira de Tráfico e Seguridade Cidadá, Vanesa Fernández, é deixarse de alarmar a poboación e porse a traballar na elaboración dun prego de condicións tanto técnicas de prestación do servizo, como económicas, para o cal deberán dotar económicamente no presuposto unha partida axeitada.