O Goberno do Partido Popular tiña dotada unha partida económica no presuposto municipal de 40.000 euros para cada ano subvencionar os gastos de mantemento e funcionamento que se producen nos centros culturais e axudar deste xeito a que estas instalacións nas parroquias sirvan como centro de referencia onde se reunen os veciños, onde se fan actividades, etc.
As directivas dos Centros necesitan eses cartos para poder mantelos abertos, xa que teñen que pagar a luz, os seguros, a limpeza, e todos os gastos de mantemento que comporta levar a xestión destas casas culturais.
O Goberno do PP para este ano 2015 xa deixou, no mes de maio, realizado o trámite das subvencións e os cartos necesarios para poder pagar ditas axudas, e hoxe 3 meses despois, o actual Goberno BNG-PSOE-ART segue sen transferir eses cartos os diferentes centros, alegando que non teñen liquidez.
O portavoz do PP dille o alcalde e o concelleiro de facenda que cando tomaron posesión a mediados de xuño tiñan cartos suficientes para facer fronte as obrigas comprometidas, e si agora dinlles as directivas dos distintos centros culturais que non teñen cartos, que revisen onde están a gastalos, e de ser certo que non teñen liquidez o partido popular non entende cómo acaban de aprobar uns gastos de 75.000 euros para as festas de setembro e de preto de 20.000 euros para o verán cultural. É por esta razón que o partido popular se pregunta si é que non pensan pagar.
Polo tanto, si seguen comprometendo gastos, iso demostra que sí hai cartos, e pon en evidencia a mentira e engano do Goberno nesta cuestión. O portavoz do Partido Popular esixe que sin demora fagan efectivo o pago das axudas que lles corresponden a cada un dos Centros Culturais do municipio.