-O executivo local esqueceuse de presentar as Contas que fai 3 meses o anterior goberno do PP lles deixou preparadas.
-O PP defenderá sempre que se cumpra coa Lei en calquer trámite, e responsabiliza ao resto dos grupos de aceptar un trámite ilegal e de consentir que o alcalde lles “manipule” e “usurpe” o seu dereito a coñecer unhas contas que teñen que votar, e que dudamos que coñezan.
O Goberno municipal utiliza os medios de comunicación para difamar e mentir, e neste caso asegura que o Partido Popular tentou impedir a aprobación da conta xeral do ano 2014.
O portavoz do PP Salvador González Solla, afirma rotundamente que isto non é así. O PP non votou en contra das contas, porque o que realmente ocurriu é que se levantou da mesa porque esíxelle o goberno local que respeten e cumpran coa Lei, xa que para a aprobación dunha conta Xeral, neste caso a do 2014, é necesaria a celebración dunha comisión Informativa na que se dictamina a mesma, e para elo deben deixarlles a “todos” os grupos da Corporación que accedan e estudien os datos da conta, cando menos durante 15 días hábiles.
O problema xurde porque o executivo local esqueceuse de presentar as contas do ano 2014 e nestes momentos corren o risco de perder as subvencións que recibe o Concello, e inclusive que lles reteñan o 100% dos ingresos que reciben do Estado (PIE).
Dende o PP, Belén Villar que levaba a área de economía e facenda, afirma que “antes de sair do goberno deixáronselle preparadas as contas do ano 2014, e agora tres meses despois, como están fora de prazo para envíala ao Consello de Contas, amais de culpabilizar o PP, pretenden esquecerse dos prazos que marca a Lei para a tramitación dunha conta, os que tanto pregonan de cumprimento con rigor da Lei e Ordenanzas”.
O PP en ningún caso está en contra das Contas do ano 2014, porque son os datos resultantes da xestión do Concello do goberno anterior. O que sí esiximos é que se cumpra coa Lei, e si existe un trámite regulado na Lei da Administración Local Galega de cómo se tramitan e aproban unas Contas municipais, o PP o único que esixirá é que este trámite se cumpra e respete.
Neste caso parécenos increíble que ningún dos outros grupos políticos que forman a Corporación municipal, tanto os do goberno, BNG, PSOE e ART, como os que son oposición, IU e ACIP, non protesten, xa que o alcalde está usurpándolles o seu dereito a coñecer unas contas que teñen que votar, e que dudamos que coñezan.
Xa finalmente, o que ainda mais sorprende a este grupo político é que o Sr Represas do BNG, xustifique o non cumprir coa Lei polo “interés xeral do concello” que neste momento parece que como é goberno ten a responsabilidade de facelo, pero cando era oposición, obrigou ao goberno do PP en dúas ocasións a retrasar a mesma comisión informativa, tanto das contas do ano 2011 como as do ano 2012, por non haberlles dado o prazo de 15 días que marca a Lei para consulta das Contas, a pesares de que tamén naquel momento era prioritario e de interés xeral a súa aprobación.