A obra de abastecemento de auga e reposición de beirarrúas na urbanización da Freixa por importe de 40.321 euros, xa foi adxudicada polo goberno do PP na pasada lexislatura, e debería estar iniciada.
Esta obra ven a completar a nova rede de abastecemento de auga potable e reposición de beirarrúas na zona de A Freixa, que xa fora iniciada na pasada lexislatura, e deste xeito o PP quere facer público que coa adxudicación desta obra cumpre o compromiso adquirido cos veciños deste barrio, e esíxelle ao goberno actual que sen máis dea as ordes oportunas a empresa adxudicataria da obra para que inicien as mesmas canto antes, xa que senon, estarían incumprindo os prazos de execución, tendo en conta ademais, que non existía ningún impedimento legal para habelas iniciados xa fai 3 meses.
Por último, o grupo municipal do PP pode agora demostrar que todos os proxectos aprobados no final da lexislatura pasada, non eran nin fume nin propaganda electoral tal e como manifestaban daquela o PSOE e o BNG, senón que son unha realidade, xa que todos eles foron froito dunha rigorosa planificación e contan coa financiación necesaria para súa inmediata execución.