O PP esixe o goberno municipal que inicie sen demoras as obras de Saneamento no barrio da Serra (Arcos)

O Grupo Municipal do Partido Popular insta ao goberno municipal a que inicie sen máis demora as obras de saneamento do barrio da Serra, na parroquia de Arcos, cun orzamento de 140.643 euros adxudicada polo goberno do PP na pasada lexislatura.

En concreto, as obras de saneamento teñen como obxectivo dotar da infraestructura de saneamento ao barrio da Serra en Padróns, dando deste xeito servizo a máis de 140 habitantes, distribuídos en preto de 50 vivendas.

Os traballos a executar contan dende a pasada lexislatura coa autorización da demarcación de estradas do estado, e consisten na execución dunha rede de colectores de PVC, cunha lonxitude superior os 2.000 metros.

Para tal fin, executaranse obras de apertura de gavias, colocación de tuberías, construcción de pozos de rexistro e reposición de viais. Ademais, levarase a cabo a construcción dunha estación de bombeo de augas residuais e a súa respectiva acometida eléctrica. Realizarase tamén a construcción dun paso subterráneo que atravesará a estrada N-120 para conectar esta rede de colectores co pozo xa existente que a súa vez desembocará na EDAR de Ponteareas.

Ademais, o Grupo Municipal do PP quere informar a todos os veciños da parroquia de Arcos que este proxecto aprobado e adxudicado na pasada lexislatura, está planificado para unha futura conexión desta fase de saneamento co barrio da Igrexa e posteriormente para continuar co saneamento integral desta parroquia.