O Partido Popular resposta as declaracións do alcalde Represas nos medios de comunicación onde culpa o goberno central dos erros cometidos á hora de calcular o reparto de fondos correspondentes á participación dos concellos nos ingresos do Estado (PIE) no ano 2013, que leva a que Ponteareas teña que devolver 600.000 euros.
“Recordámoslle o alcalde que o importe que lle corresponde a cada Concello en concepto de participación en impostos do Estado (PIE) non é algo que se calcula aleatoriamente, senon que se fai en función de tres criterios como son a poboación, o esforzo fiscal e o inverso da capacidade tributaria, todo elo recollido na Lei reguladora de Facendas Locais do ano 2004, cálculo que se estima o ano anterior, co cal sempre hai un marxe de erro”.
Belén Villar, voceira municipal, considera moi grave a ignoracia por parte do alcalde que culpabilizou ao goberno central do Partido Popular desta situación. Villar, explicou que na actualidade e dende o ano 2011 o concello está devolvendo as liquidacións negativas dos anos 2008 e 2009, que ascenden a 1,61 millóns de euros, e que supoñen retencións mensuais nos ingresos do Estado que ten o concello de Ponteareas para compensar o importe que o Goberno do PSOE que gobernaba neses anos en Madrid transferiu a este municipio e que estaba por enriba do que correspondíanos”.
A portavoz do grupo popular Belén Villar afirma que a situación económica do Concello non empeora por esta retención do Estado xa que vai comezar o 1 de xaneiro de 2016 e queda compensado con que se remata o 31 de decembro deste ano a devolución da liquidación negativa correspondente o ano 2008, co cal o Sr Represas do BNG sigue coa súa política de enganos.
Ademais a voceira matizou que “o que realmente sí está a afectar e de maneira moi importante as arcas municipais é a retención de 2,26 millóns de euros que o concello deixa de percibir o ano porque grupos políticos como o BNG e o PSOE, cando eran oposición votaron en contra dun plan de saneamento que impediu a este Concello acceder a un préstamo a 10 anos, co cal as devolucións serían de menor importe e podríanse destinar máis fondos municipais a gasto corrente”.
O BNG e o alcalde Represas chegan tarde e preocupánse de que o Concello teña unha retención o mes de 10.000 euros, cando o verdadeiramente importante son os 2,26 millóns de euros anuais que xa está o Estado a reter o Concello dende fai 2 anos, e ainda así o Partido Popular foi capaz de seguir mantendo os servizos que se prestaban os veciños, pagar as facturas de gasto corrente, as nóminas dos traballadores e reducir a débeda histórica deste concello.