O Partido Popular insta o Goberno a licitar urxentemente as instalacións de calefacción de Biomasa para o Centro Social e a Gardería municipal

Na pasada lexislatura o PP solicitou duas subvencións o amparo da orde publicada polo Instituto Enerxetico de Galicia (INEGA) dependente da Conselleria de Industria para a instalación de equipamentos térmicos de biomasa para o Centro Social e para a Garderia Municipal por importe superior os 44.000 euros.

Estes proxectos realizaronse co obxectivo de seguir dotando as instalacións municipais dependentes do concello de sistemas de calefacción co fin de conseguir un maior aforro enerxetico e minimizar a emisión de sustancias contaminantes á atmosfera.

No pleno municipal do pasado 22 de maio foi aprobada a primeira modificación presupostaria por importe de 5194 euros que correspondía a aportación municipal para completar o custe total de instalación da calefacción de biomasa para o Centro Social que contaba cunha subvención do INEGA de 15.582 euros.

Agora no pleno do pasado 21 de xullo aprobouse unha segunda modificación presupostaria por importe de 5.194 euros que corresponden á aportación local  para dotar de calefacción de biomasa á Garderia Municipal que xunto coa subvención concedida de 17.712 euros completan o custe total desta instalación (20.776 euros).

Polo tanto, unha vez concedidas as subvencións e aprobadas as duas aportacións municipais para os dous proxectos, o PP insta ao goberno local a licitar urxentemente estas instalación tan necesarias para estes dous centros, xa que os prazos para executalas e xustificalas remata o 30 de setembro, ademais do importante aforro enerxetico que isto vai suponer para as arcas municipais.