-Haberá grazas o Partido Popular, 5 Cursos Formativos e un Obradoiro de Emprego
-As xestións dos concelleiros do Partido Popular de Ponteareas nos primeiros meses deste ano en pro do emprego e da formación están a dar os seus frutos.
O grupo municipal do Partido Popular ve recompensado o traballo desenrolado no ámbito do emprego durante os primeiros meses deste ano, etapa na que gobernaba, porque derivado desas xestións o Concello de Ponteareas ven de obter nestes días a financiación necesaria e suficiente para a impartición no CDL (Centro de Desarrollo Local) de 5 Cursos para desempregados.
O grupo popular destaca que coa concesión destes cursos, 75 veciños de ponteareas terán a oportunidade de formarse gratuitamente no ámbito socio-sanitario, no ámbito da edificación e obra pública, madeira e servizos a comunidade. A maiores da existencia de 5 postos de traballo para o persoal docente que impartirá estes cursos.
No mes de febreiro, dende a Concellería de Emprego que xestionaba Marisol Valado, foron presentadas as solicitudes de formación perante a Consellería de Traballo, previo una valoración das necesidades formativas con mais demanda laboral. Divulgouse a través da Axencia de Colocación, favorecendo a súa publicidade, para que os ponteareáns tiveran coñecemento e estivesen pendentes da concesión, anticipando deste xeito a súa inscripción na oficina de emprego, a que podían acudir manifestando o interese por algunha destas acción formativas.
A liña de actuación do Partido Popular, durante a súa etapa de goberno, na área do emprego e a formación deu os seus frutos para o noso municipio, e mostra delo son os 5 Cursos formativos que obtivo o Concello e que beneficiarán a 75 veciños, e empregarán a outros 5 como docentes, e que xunto coa consecución dun Obradoiro de Emprego no que o número de contratacións que se levarán a cabo será de 26 persoas, entre docentes, técnicos e alumnos traballadores, temos en Ponteareas, una contribución directa a reducción do paro no noso municipio.
Esperamos e confiamos que o novo Goberno municipal sepa xestionar eficientemente estos recursos obtidos e continúe co desenrolo do emprego e da formación polo ben dos vecinos de Ponteareas.