NAVA CASTRO INICIA A CAMPAÑA CUNHA MULTITUDINARIA CEA CON SIMPATIZANTES ABARROTANDO O PAVILLÓN DE PONTEAREAS

  • A candidata do Partido Popular comprométese a desterrar o actual modelo dunha Ponteareas a dúas velocidades e centrar as políticas nas veciñas e veciños
  • A esta cea que dá o pistoletazo de saída á campaña sumáronse o presidente do PPdG Alfonso Rueda así como medio milleiro de simpatizantes

Ponteareas, 12 de maio de 2023.- O pavillón polideportivo Álvaro Pino acolleu a multitudinaria cea-mitin coa que a candidata do Partido Popular de Pontearas, Nava Castro, inicia dúas semanas de campaña co obxectivo de lograr a alcaldía e “devolver o protagonismo ás parroquias e a dignidade ao deporte”. A candidata estivo acompañada polo presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela ademais de preto de 500 persoas.

O presidente do PPdeG asegurou que «Nava Castro é a alcaldesa que Ponteareas necesita para devolverlle aos veciños a ilusión perdida e que o concello bote a andar polo camiño correcto». Ademáis, revindicou que » a traxectoria da candidata popular é o seu mellor aval xunto ao seu alto nivel de compromios e dedicación en todo o que fai, polo que non dubida de que ela e o seu equipo serán a mellor garantía de avance para Ponteareas».

A cea celebrouse non Pavillón Polideportivo da vila, ao ser o único lugar con capacidade para acoller a máis de medio millar de simpatizantes que quixeron apoiar  á candidata á alcaldía, Nava Castro, e mostrarlle o seu compromiso co proxecto do Partido Popular. Constituíu tamén o primeiro mitin da recén inaugurada campaña no que Nava Castro avogou por desterrar o actual modelo dunha “Ponteareas de dúas velocidades” dándolle protagonismo real ás parroquias e voz ás veciñas e veciños.

Neste ámbito, a candidata polo Partido Popular ven de traballar arreo nas últimas semanas, cun renovado equipo, para conseguir un cambio de goberno xa que é “posible e urxente que Ponteareas recupere as oportunidades perdidas nos últimos oito anos”.  Para elo, comprométese a “situar Ponteareas no mapa do turismo, da economía e comercio, e das oportunidades para as mozas e mozos”.

Nava Castro asumirá persoalmente as áreas de Facenda e Turismo do concello, para o que pon a disposición de Ponteareas a súa dilatada experiencia na xestión pública e o seu profundo coñecemento das institucións, co obxectivo de recuperar o terreo perdido nestes anos e devolver ás veciñas e veciños, a vila que merecen.

Por último, Nava Castro puxo o foco no risco que supón a división do voto e anima a todas aquelas persoas que desexen unha Ponteareas mellor, a loitar contra a abstención, xa que “quedar na casa o 28 de maio ou escoller outras papeletas favorecerá unicamente ao bipartito que leva oito anos colocando a Ponteareas no ostracismo”, en palabras de Castro.