O PP CUALIFICA DE PARADÓXICO QUE O PSOE DE PONTEAREAS FAGA OPOSICIÓN AO SEU PROPIO GOBERNO

  • Os populares, que están de acordo con a medida do PSOE de cambiar as xardineiras actuais debido ao seu perigo, consideran que chegan un pouco tarde e que é ilóxico que critiquen algo que os seus propios compañeiros do PSOE no consistorio apoiaron. “Parece que agora hai dous PSOE en Ponteareas, o que está a gobernar e o que aspira a facelo. Que nolo aclaren”.

Ponteareas, 24 de agosto de 2022.- O Grupo Municipal do PP cualifica de “paradóxico” que o actual responsable do PSOE en Ponteareas, Delfín Fernández, considere desafortunada a instalación das xardineiras no centro urbano, que provocaron varios accidentes nas últimas semanas, xa que os seus propios compañeiros socialistas gobernan en coalición co BNG e eran coñecedores e consentidores desta actuación.

“Nós xa pedimos hai varios días que urxentemente retirasen esas minijardineras das localizacións actuais e que de instalarse deberían ser máis grandes, pero visto que o bipartito BNG-PSOE non cumpriu coa súa retirada, tal e como xa anunciamos levaremos un rogo ao pleno. Sorpréndenos e á vez alégranos que alguén do PSOE pense igual que nós e que a maior parte dos veciños, o que nos chama a atención é que agora parece que en Ponteareas existen dúas voces, bastante discordantes entre si, no propio partido socialista. Esta non é a primeira vez que se critica a actuación do actual bipartito por parte desta nova executiva, coa localización do centro de saúde tampouco estiveron de acordo os socialistas”.

Tamén é curioso que o PSOE local pida agora xardineiras máis grandes, cando fai catro anos retiraron das rúas peonís, Oriente e Esperanza, os maceteros grandes de aluminio que o PP instalou cando gobernou. O PP reitera a súa petición de retirada das xardineiras mentres non se tome unha nova decisión para movelas a outra localización ou colocar unhas de maior tamaño que sexan máis visibles.

https://www.farodevigo.es/comarcas/2022/08/24/psoe-ponteareas-pide-jardineras-grandes-73806526.html