O PP CUMPRE O COMPROMISO DE DOAR O 50% DO SALARIO PERCIBIDO PARA AXUDAS A AUTÓNOMOS E EMPRESAS DO MUNICIPIO AFECTADOS POLA CRISE DA COVID-19

  • Os populares ingresaron o 50% do salario correspondente á segunda  quincena de marzo e todo o mes de abril.
  • Seguirán achegando o 50% do salario mentres dure o Estado de Alarma.

Ponteareas, 8 de maio.- O PP xa recibiu contestación por parte do Goberno local, o cal se negaba a facilitar un número de conta para que os populares puidesen cumprir o compromiso adquirido de doar o 50% do salario para axudas aos afectados pola  Covid-19.

“Esta semana, despois de moito insistir, recibimos o número de conta onde ingresamos xa o 50% do salario correspondente aos meses de marzo e abril”, informan os populares.

Esta axuda será destinada aos afectados pola crise sanitaria do  Covid-19 en Ponteareas.

“Nun momento no que todo o mundo está a arrimar o ombreiro, vimos necesario estar á altura da situación. Lamentamos que BNG-PSOE e  ACIP non se sumaran a esta baixada salarial para contribuír a axudar aos nosos veciños ”.

O PP considera que o equipo de Goberno e  ACIP critican a medida dos populares porque non están dispostos a ser solidarios cos veciños do municipio e moléstalles que o PP cumprise este compromiso. “Foi a súa decisión, respectámola, pero non entendemos que non critiquen cando o que estamos é tentando axudar aos nosos autónomos e empresarios. A cantidade doada podería ser moito maior se todos os grupos políticos aceptasen esta medida, lamentamos que non quixesen sumarse”.

Os populares seguirán descontando o 50% do salario mentres dure o Estado de Alarma.

“Seguiremos facendo esta achega. Tiñamos outra opción que era doala ao número de conta habilitado polo Partido Popular tamén para axudar á causa, pero preferimos este método de doar o diñeiro ao noso municipio directamente”.