17 de marzo – VI Congreso Local PP de Ponteareas

O Comité Executivo do Partido Popular da provincia de Pontevedra así como a Xunta Local do PP deron luz verde á celebración, o próximo 17 de marzo do VI Congreso Local de Ponteareas, no que terán dereito a voto os máis de 550 afiliados do partido. A Directiva provincial aprobou ademais o Regulamento que rexerá todo o relativo á organización e funcionamento do Congreso así como os membros que forman parte da Comisión Organizadora: Andrés Sampedro Fernández, Rosa Carrera Álvarez e Uxía Álvarez Zúñiga. Esta Comisión será a encargada de coordinar, impulsar e dirixir todos os aspectos organizativos do Congreso ata que comece a celebración do mesmo, que asumirá esas competencias a Mesa do Congreso.

Todos os afiliados do PP de Ponteareas que aspiren á presidencia do partido terán ata o 7 de marzo para presentar por escrito a súa precandidatura ante a Comisión Organizadora e poder ter así acceso ademais á documentación relativa ao Congreso.
A candidatura deberá ir acompañada por un mínimo de 70 avais, no modelo aprobado ao efecto pola Comisión. O prazo para a presentación de avais remata o 15 de marzo.
Tanto para ser candidato como para poder avalar ou votar no Congreso será necesario, tal e como recollen os estatutos do partido, figurar inscrito no censo de afiliados.