Senda Rio Tea  Abandono2

Denunciamos o absoluto abandono que presenta o Paseo Fluvial do Río Tea

  • O PP esíxelle ao goberno local o arranxo urxente do paso fluvial no tramo da Moscadeira ante as múltiples queixan dos veciños e usuarios da senda do río Tea.

Despois da gran cantidade de queixas que trasladan tanto veciños como usuarios da senda fluvial do río Tea, principalmente sobre o estado lamentable que presenta o tramo entre a Ponte dos Remedios e a Moscadeira, o PP esíxelle ao goberno municipal o arranxo da mesma.

Ante a total falta de mantemento, conservación e desbroce dos distintos tramos da senda fluvial do Tea que pon en evidencia ao goberno do Sr. Represas, que por un lado presume de río Tea “a ollo de dron” no calendario galego 2018, pero a ras de chan, a senda que descorre pola súa marxe está totalmente abandonada, impracticable e cunha total falta de mantemento, pondo en perigo ás persoas usuarias deste lugar de lecer.

Tan só basta comprobar a situación na que se atopa o tramo da Moscadeira, pontes de madeira esnaquizados, con buratos, varandas caídas, rotas e outras inexistentes e outras deficiencias.

Esta debe ser o turismo que pregoa o Sr. Represas, abandonando e deixando sen apenas mantemento estes tramos que conforma a senda do Tea.

Dende o Partido Popular de Ponteareas esiximos ao Alcalde como máximo responsable de medio ambiente e en nome de multitude de veciños e usuarios que arranxe de maneira urxente a senda para que os veciños e usuarios.