O grupo popular impide que se modifique a plantilla de persoal e que se cree a Praza de Inspector de Policía

  • O expediente proposto ó Pleno pola Concelleira de Seguridade non facía referencia a qué praza pretendía crear e con qué retribucións, amais de cales eran as outras dúas prazas da plantilla que pretendía amortizar
  • Nin a Concelleira de Seguridade nin o Concelleiro de Persoal convocaron os sindicatos para negociar e valorar a praza de Inspector de Policía. Plantexaban unhas retribucións que eles mesmos decidiron.

No día de onte no Pleno extraordinario que o Alcalde convocou debatiuse a modificación da plantilla de persoal do Concello para crear unha praza de Inspector de Policía e amortizar dúas de Policias.

Finalmente o asunto non saíu adiante porque por un lado a Concelleira fixo unha proposta “incompleta” onde sí había unha exposición de motivos de porqué quería crear esa praza pero onde non constaban cales eran os acordos concretos que se ían adoptar, cuestión que motivou a petición por parte de todos os grupos da oposición (PP, ACIP e IU) da retirada do asunto do debate e do Pleno.

Tampouco saiu adiante a proposta e non se modificou a plantilla nen se creou a praza de inspector porque para elo, é imprescindible, primeiro, unha negociación oficial cos sindicatos, e en segundo lugar, un informe xurídico e outro económico no que se motive a valoración da praza e se motive tamén a valoración do complemento específico e do complemento de destino, cuestións estas que a Sra Concelleira non fixo en ningún caso.

Co cal, unha vez mais, este grupo político do partido popular sostén que estamos ante un Goberno que vai pasar a historia deste Concello por ser o goberno da improvisación, da descordinación e da falta de rigor, amais de que están moi lonxe de ser un goberno de consenso, de diálogo, de participación e transparencia, palabras que sempre utilizan pero que logo non poñen en práctica.

Os concelleiros do PP creemos que a Concelleira Vanessa Fernández, non se preocupou de analizar cal é a situación do persoal da Policía local no noso Concello, porque se o hubese feito sabría que antes de crear unha praza de Inspector debría cubrir as dúas de Oficiais que xa existen, e que ata agora polas restriccións que tiña este Concello non se podían cubrir.

Tamén pensamos que é outra prioridade dentro do Corpo da policía regular a 2ª actividade que é un dereito que teñen os Policías por Lei e que permite a minoración das súas funcións para aqueles con idade superior os 59 anos e neste momento cumpren esa condición 3 dos traballadores da plantilla e así llo comunicaron e solicitaron ó Concello.

E xa finalmente , en ningún caso é unha prioridade a amortización de prazas da Policía porque o noso Concello non cumpre o ratio obrigado por Lei dos efectivos que debería ter a nosa plantilla da Policía.

O Partido Popular sempre se preocupou polos traballadores do Concello, e por suposto polo seu salario, e ainda que na anterior lexislatura non faltou vontade por mellorar a situación económica e retributiva dos traballadores, a realidade foi, que por un lado a Lei de Presupostos Xerais do Estado prohibíanos incrementos nos salarios, e por outro lado, o Concello de Ponteareas estaba baixo un Plan de Axuste e baixo un Plan de Saneamento onde non se podía incrementar ningún coste, e a prioridade do goberno popular foi sanear o Concello para a súa vez poder seguir pagando as nóminas en prazo, antes de falar de incrementos.

Si hoxe o Goberno pode estar falando de cubrir unha praza de Inspector de Policía con un custe para o Concello de 45.000 eu/ano, creemos tamén que é de xustiza primeiro revisar económicamente as prazas xa existentes.