NAVA CASTRO, APOSTA POLO DESENVOLVEMENTO RURAL E OS PRODUTOS DE PROXIMIDADE COMO O PEMENTO DE GULÁNS, NUN ENCONTRO CON INÉS SANTÉ (AGADER) E JOSÉ LUIS CABARCOS (AGACAL)
Tanto Nava Castro, como Santé e Cabarcos, destacaron as posibilidades do rural como dinamizador da economía e garante da calidade de vida
Explicaron as axudas dirixidas á comercialización de produtos de proximidade e calidade así como formación
A CANDIDATA POPULAR NAVA CASTRO PON O FOCO DE ATENCIÓN NOS PROXECTOS DE ENVELLECEMENTO ACTIVO
Ponteareas podería sumarse a iniciativas coma a que a Xunta asinou a pasada semana coa asociación Ategal para consolidar a súa oferta de actividades de envellecemento activo
A Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos, Ategal, conta con sete Aulas Sénior con actividades para maiores de 55 anos
NAVA CASTRO, A CONSELLEIRA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO, CHUS LORENZANA, O PRESIDENTE PROVINCIAL LUIS LÓPEZ E RAFA MARTÍNEZ MANTEÑEN UN ENCONTRO INFORMATIVO CON PERSOAS EMPRENDEDORAS
Nava Castro, candidata á alcaldía, e Chus Lorenzana, conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, o presidente provincial e Rafa Martínez ofreceron unha conversa sobre emprendemento e emprego.
As ‘Unidades Formativas na Empresa’ e os ‘Polos de Emprendemento’ son as accións máis salientables no encontro de onte promovidas pola Xunta de Galicia
A conselleira destacou a importancia de que Ponteareas conte cunha alcaldesa aliñada coas políticas de promoción e emprego
A CANDIDATA NAVA CASTRO SALIENTA OS PROGRAMAS ‘XANTAR NA CASA’, ‘AXUDA NO FOGAR’ E O TRANSPORTE SOCIOSANITARIO IMPULSADOS POLA XUNTA DE GALICIA
O programa da Xunta, Xantar na Casa é un programa de alimentación saudable para maiores que reciben o menú de toda a semana e só teñen que quentalo
Axuda no Fogar é outro programa da Xunta destinado á atención de persoas con problemas de mobilidade na propia casa
Ademais dos anteriores, o concello podería contar con transporte que permita ás persoas das parroquias asistir ao centro de saúde
COMUNICADO OFICIAL EN REPULSA ÁS PINTADAS ACOMETIDAS NAS PAREDES DE INSTITUCIÓNS E INSTALACIÓNS PÚBLICAS DE PONTEAREAS
Condenamos publica e enerxicamente as pintadas realizadas nas paredes de institucións e instalacións públicas do noso municipio como a Casa do Concello ou o Auditorio

ALCALDESA DE PONTEAREAS
