- Os 21 candidatos e 10 suplentes conforman un grupo
representativo de todos os sectores da vila aos que Castro
quere dar voz - As 13 concellerías responden ás necesidades da cidadanía e a
un plan de traballo que busca revitalizar Ponteareas
Ponteareas, 06 de maio de 2023. A candidata á alcaldía Nava Castro,
exerceu de anfitrioa no xantar celebrado hoxe e no que deu a coñecer tanto
aos 31 integrantes da candidatura coa que concorre ás elección municipais
deste 28 de maio, como o reparto de concellerías en caso de obter a
alcaldía. Para esta presentación contou coa presencia de Julio García
Comesaña, Conselleiro de Sanidade e José Ramón Lete, Secretario Xeral
para o Deporte, da Xunta de Galicia.
Durante o xantar celebrado na Finca do Parrulo, Nava Castro presentou ao
resto dos integrantes da lista que aínda non se tiñan presentado así como
as concellarías que ocuparían cada un deles. A número un, Nava Castro
ocuparía a alcaldía e a concellería de Facenda e Turismo; Rafa Martínez, a
de Emprendemento e Desenvolvemento Empresarial; Raquel Plana faríase
cargo da consellería de Benestar Social, Igualdade e Saúde Pública; Ricardo
González Alonso, o número catro, a concellería de Impulsa-Tea,
revitalización do comercio e da cultura e Fran Represas, o número cinco, a
concellería de Administración Municipal, Modernización Tecnolóxica e
Proximidade Cidadá.
Dos postos seis ao trece, figuran Silvia Fernández Táboas, que ocuparía
Medio Ambiente, Urbanismo, Vivenda e Planificación Estratéxica; Jesús Cao
Vila, no posto sete, faríase cargo de Servizos Comúns: auga, saneamento,
residuos e limpeza; de Deporte e Ensino, o número oito, Cristian Montes
Estévez; seguido de Rafael Martínez Pazos, ao cargo de revitalización do
rural, obras e mantemento de infraestructuras viarias; no décimo posto,
Lina Limeres Antonio, que ocuparía a Concellería de Infraestruturas Verdes
e de Lecer; Alejandro Doval Domínguez, posto 11, faríase con Recursos
Humanos e Seguridade; o doce, Xabier Fernández Faro, Mocidade,
Voluntariado e Eventos e no posto 13, Gabriel Bernárdez Expósito, estaría
ao frente da Concellería de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico.
Nos postos 14 ao 21, Nava Castro presentou a Sonia Francisco Lorenzo,
Lorena Ledo no 15, María José Lourido Gómez no 16, Jorge Sobral
Rodríguez e Paloma Soto Márquez no 17 e 18 respectivamente, César
Manuel Iglesias Fernández ocupa o 19, no 20 Manuel Regueira Reguiera, e
pecha a lista de candidatos María Cruz López Galán. Como Suplentes nos
postos 22 ao 31 atópanse, por orde, Emilio Martínez Toucedo, Estrella
Domínguez Lage, Ángel Seijo Iglesias, Antonio Álvarez Pedrosa, Emérita
Gloria Ucha Gómez-Rodríguez, Luis Ferreira Iglesias, Andrés Sampedro
Fernández, Sandra Rodríguez Fornos, Celia Reig Castro e José Castro
Álvarez.