UN PROGRAMA ELECTORAL DIRIXIDO ÁS NECESIDADES DOS NOSOS CIDADÁNS

O noso obxetivo a creación de emprego

  • Posta en marcha de medidas que faciliten o acceso ao mercado laboral
  • Incrementar as accións formativas en cualificacións profesionais de más demanda laboral.
  • Posta en marcha de Plans de Emprego.
  • Fomentar a Axencia de Colocación municipal.

 Traballando polo ensino

  • Continuar co plan de melloras, mantemento e conservación dos colexios públicos
  • Manter a colaboración na xestión económica dos Comedores Escolares.
  • Colaboración coas actividades extraescolares.
  • Potenciar o Plan Madruga.
  • Potenciar a Escola e Conservatorio de Música Municipal.

Comprometidos co medio ambiente e co saneamento do río Tea

  • Continuar coa ampliación da Rede de Saneamento parroquial.
  • Colaborar coa mellora e ampliación das traídas de auga, e ampliar a Rede de Abastecemento de auga potable municipal.
  • Creación e mantemento de novos roteiros de sendeirismo.
  • Dotación de novos parques infantís para a vila.
  • Continuar co Plan de novos alumeados que garantan o aforro e a eficiencia enerxética.
  • Ampliación dos puntos de recollida selectiva (illas de reciclaxe)
  • Mellora das praias fluviais e áreas recreativas.

Creando e mellorando novas zonas verdes e de ocio

  • Instalación de novos parques no rural.
  • Mantemento e mellora dos parques e zonas de ocio urbano.
  • Creación de novas Sendas fluviais (río Uma).

Aposta decidida polo medio rural

  • Continuar co asfaltado das pistas rurais.
  • Dotación de novos alumeados, e mellora dos existentes
  • Mellora e novos abastecementos de auga.
  • Rematar a construccións das Casas Culturais.
  • Saneamento integral das parroquias
  • Dinamizar e fomentar a Rede de Casas Culturais.

Fomentar a actividade comercial

  • Apoio as campañas de dinamización das zonas comerciais.
  • Mellora e ampliación das zonas de aparcadoiros.
  • Continuaremos coa humanización dos entornos comerciais.
  • Pontenciación e fomento do comercio local.
  • Apoio á formación comercial.

Apostando pola Cultura

  • Ampliación e mellora da rede de centros culturais parroquiais.
  • Continuar coas axudas a agrupacións culturais, musicais, teatro, …
  • Continuar co Plan de axudas para o mantemento e funcionamento dos centros culturais.
  • Continuar traballando na internacionalización da Festa do Corpus.
  • Ampla programación cultural e colaboración con distintos eventos.

Recuperación do noso patrimonio e a súa posta en valor

  • Posta en valor do Castro de Troña en base o convenio de colaboración co Ministerio de Fomento e Diputación Provincial.
  • Melloras de conservación no Castelo de Sobroso en base o convenio de colaboración coa Deputación Provincial.
  • Restauración de fontes, lavadoiros…

Urbanismo e vivenda

  • Aprobación definitiva do PXOM ( Plan Xeral de Ordenación Municipal).
  • Posta en marcha do proceso de regularización do Polígono da Lomba.
  • Posta en marcha dun Plan Integral de rehabilitación do Casco Vello.
  • Programa de “vivendas sen barreiras”.
  • Potenciar a construcción de vivendas sociais.

Administración pública

  • Remate da rehabilitación da Casa Consistorial.
  • Impulsar e fomentar a administración electrónica.
  • Garantizar a sostenibilidade financiera, non gastando mais do que se ingresa.

Apostando polo deporte 

  • Construcción e mellora de instalacións deportivas.
  • Continuar apoiando os clubs deportivos con axudas económicas e melloras das súas instalacións.
  • Colaboración en eventos deportivos.

Aposta polos Servizos Sociais

  • Ampliar e mellorar a Axuda a Domicilio.
  • Incrementar as Axudas de Emerxencia Social
  • Continuar co Programa Xantar na Casa.
  • Potenciar e mellorar a oferta formativa no Centro Asprodico.
  • Convenio de construcción da nova Gardería Municipal.
  • Activar o Consello Sectorial Social de Ponteareas.

Traballando na dotación de infraestructuras básicas

  • Mellora da eficiencia da EDAR municipal.
  • Novos depósitos e novas canalizacións de auga.
  • Humanización da praza de Bugallal.
  • Continuar mellorando os servizos básicos: alumeado, saneamento, asfaltados…

OS NOVOS EIXOS DE DESENVOLVEMENTO

  • Aprobación do PXOM. O Futuro do desenvolvemento e a creación de emprego.
  • Posta en marcha do proceso de regularización do polígono da Lomba.
  • Protocolo de colaboración para a construcción da variante de Ponteareas: Circunvalación N-120 A-52.
  • Unha nova situación económica: ANO 2016 DÉFICIT CERO.