WhatsApp Image 2023 02 22 At 18.41.27 (1) (1)

PONTEAREAS CUBRIRÁ UNHA PRAZA DE MEDICINA E DÚAS DE PEDIATRÍA GRAZAS Á LEI DE PRAZAS DE DIFÍCIL COBERTURA IMPULSADA POLA XUNTA DE GALICIA

  • Así llo confirmou o conselleiro de Sanidade a Nava Castro, a candidata do Partido Popular á alcaldía de Ponteareas nunha reunión mantida  esta mesma tarde
  • A candidata lamentou a postura de BNG e PSdeG, que se opuxeron á lei que vai permitir incorporar este novo persoal á sanidade do concello

Ponteareas, 22 de febreiro de 2023. A candidata do Partido Popular á alcaldía do concello de Ponteareas, Nava Castro, mantivo unha reunión co conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na que se interesou polo reforzo do persoal sanitario no centro de saúde do seu concello.

Nesta conversa, o conselleiro avanzoulle que o goberno galego incluirá unha praza de médico de familia e dúas de pediatría no centro de saúde do seu concello na convocatoria de prazas de difícil cobertura mediante concurso de méritos que aprobará nas vindeiras semanas.

Esta convocatoria de máis de 400 prazas, avanzada este mes polo Presidente Rueda, realizarase a través da Lei 2/2022 de medidas extraordinarias para a provisión de postos de difícil cobertura, aprobada o pasado outubro no Parlamento co voto en contra de BNG e PSdeG.

Esta lei incentiva a cobertura destas prazas ao ofrecer o maior nivel de estabilidade laboral, obtendo unha praza fixa en propiedade, cun sistema de acceso máis sinxelo e áxil: un concurso de méritos que non require exame de oposición e que se resolve nuns meses.

Comesaña aclarou que o método será idéntico ao tramitado o ano pasado e que se saldou con tres profesionais facultativos de atención primaria que se incorporaron nos últimos meses con prazas fixa ao centro de saúde ponteareán. Este primeiro concurso foi tamén habilitado por unha lei votada en contra polos partidos da esquerda.

A candidata á alcaldía, Nava Castro, agradeceu a información achegada polo conselleiro e lamentou a postura de BNG e PSdeG lembrando que, se por eles fora, non se podería realizar este proceso e cubrir esta praza nin Ponteareas contaría hoxe con tres facultativos fixos máis que hai uns meses.

No mesmo sentido, Castro asegurou non entender á alcaldesa por encabezar protestas e reclamacións de máis persoal sanitario mentres “o seu partido vota en contra das solucións”.

Unha postura partidista que só se explica desde o intento de sacar rédito electoral dos problemas de déficit de médicos de familia e pediatras que existen en toda España, ata o punto de intentar boicotear medidas innovadoras da Xunta como este concurso. “En Ponteareas teremos novos médicos e pediatras co voto en contra do partido da alcaldesa”, concluíu.

Sen Plan Local de Saúde

Por outra banda, Castro e Plana aproveitaron a visita do titular de Sanidade para lamentar a falta de implicación do Concello na posta en marcha do proxecto do Plan Local de Saúde. Este plan consiste na análise da situación sociosanitaria da vila para poder dirixir a atención comunitaria cara esa problemática. Plana asegura que “noutros concellos este plan púxose en marcha coa colaboración dos gobernos locais, e en Ponteareas continuamos sen ter novas do Concello para a nosa colaboración, e poder así avanzar nas medidas”.