Ef22c752 603b 41b4 8572 Ec04c05965af

O PP REÚNESE COS RESPONSABLES DE PATRIMONIO PARA ESIXIR A DECLARACIÓN DE BIC DO CORPUS CHRISTI PONTEAREÁN

  • “Levamos meses solicitando ao Goberno local que complete este expediente para que a Xunta outorgue canto antes a declaración de Ben de Interese Cultural a festividade do Corpus Christi de Ponteareas”.
  • “Temos o compromiso firme da Xunta de que nas próximas semanas farase realidade esta declaración de BIC (Ben de Interese Cultural)”.

Ponteareas, 18 de xaneiro de 2023.- O Grupo Municipal de o PP reuniuse  cos responsables de Patrimonio da Xunta de Galicia, co fin de coñecer o estado do expediente que tem como obxectivo declarar o Corpus Christi da Vila do Tea, Ben de Interese Cultural (BIC).

Os edís populares, Belén Villar e Andrés Sampedro, saíron satisfeitos da reunión xa que se lles confirmou da intención de deixar liquidada esta cuestión nas próximas semanas.

“Temos o compromiso da Xunta de Galicia de que nas próximas semanas farase efectiva dita declaración. Unha reivindicación que non se puido materializar antes por problemas de incompatibilidade coa lei que o regula e posteriormente, e tamén por defectos no expediente que o bipartito (BNG-PSOE) non daba resolto”.

O Grupo Municipal do PP agradece a disposición da administración autonómica que engade esta categoría tras tamén outorgarlle a declaración de Festa de interese Turístico Internacional.

“Con esta proclamación de BIC como Patrimonio Inmaterial da nosa Festa do Corpus Christi estamos a protexer esta celebración e dándolle relevancia pola pegada que deixou e deixa ao longo dos anos na nosa sociedade, no noso pobo, Ponteareas. Faise xustiza cunha das reivindicacións que Ponteareas e todas as Asociacións de Alfombristas viñamos reclamando”.