Coche Policia Local Ponteareas

O PP AGRADECE AO GOBERNO AS NOVAS AXUDAS PARA A DOTACIÓN DE VEHÍCULO, PARA A POLICÍA LOCAL, QUE MELLORARÁ A SEGURIDADE EN PONTEAREAS

  • “As axudas convocadas pola Vicepresidencia Segunda da Xunta para adquirir este novo vehículo permitirán ampliar a necesaria mellora da seguridade en Ponteareas, tanto nas localidades como nas parroquias”.

Ponteareas, 15 de outubro de 2022.- O Grupo Municipal do PP agradece á Xunta de Galicia, e á Vicepresidencia Segunda que dirixe Diego Calvo, o anuncio realizado para incluír a Ponteareas no plan de axudas do Fondo de Compensación Ambiental para a adquisición de novos vehículos patrulla ou todoterreo híbridos ou eléctricos para uso da Policía Local de Ponteareas.

Esta axuda permitirá incrementar a seguridade en Ponteareas, non só na zona urbana senón tamén nas parroquias do municipio.

A portavoz e presidenta local, Belén Villar, considera que “facendo uso destas axudas, que permiten a compra dun novo vehículo eléctrico ou híbrido, a vixilancia e protección dos veciños do municipio que se queixan continuamente da falta de seguridade nos últimos anos».

A adquisición realízase a través do programa da Xunta de Galicia para a compra de vehículos híbridos ou eléctricos a través do sistema de «renting» por un período de 48 meses. O vehículo debe ser apto para a Policía Local e ter a etiqueta ambiental cero emisións ou Eco.