8251c572 A41c 4d53 99a7 673d59a4c9ab

PONTEAREAS INICIA O CURSO ESCOLAR 22/23 COAS 29 PRAZAS DA ESCOLA INFANTIL PECHADAS POLO DEIXAMENTO DO BIPARTITO

  • Listas de espera na escola infantil, este ano ademais cunha maior demanda pola gratuidade completa para todos os usuarios, debido á falta de compromiso do bipartito con adecuar a escola á normativa actual.
  • “Na última reunión, hai xa varios meses, había 15 nenos en espera, aínda non se coñecía a medida de gratuidade do primeiro fillo da Xunta polo que supoñemos que a demanda agora é maior”.
  • “O bipartito ten a obrigación de modificar a ordenanza local para poder aplicar a gratuidade da Xunta a todos os usuarios da escola neste curso 2022/2023”.

Ponteareas, 5 de setembro de 2022.- O Grupo Municipal do PP lamenta que, debido á desidia do Goberno bipartito, iníciese o novo curso coa mesma problemática dos anteriores.

“Polo menos 15 familias, que saibamos, quedáronse sen praza na escola pública infantil de Ponteareas. Supoñemos que son máis, xa que agora a Xunta de Galicia subvenciona a totalidade da educación de 0-3 anos tamén aos primeiros fillos, polo que a demanda seguramente se incrementou. Sete anos de Goberno e este bipartito non foi capaz de executar as obras que permiten adaptar a escola á normativa vixente. 29 prazas da escola que están bloqueadas polo deixamento deste bipartito”, denuncian os populares.

O PP esixe ao Goberno local que ademais de modificar a ordenanza municipal, que vai permitir que se poida aplicar a gratuidade proposta pola Xunta, consígnese unha partida orzamentaria para realizar o proxecto que teñen aprobado pola Xunta desde 2019 e executar dunha vez as obras necesarias que permitan recuperar a aula e as 29 prazas que actualmente se atopan bloqueadas por non cumprir a normativa actual.