PHOTO 2022 09 02 13 28 44

OS VECIÑOS DE FOZARA ACOLLEN CON SATISFACIÓN O INICIO DA NOVA CONEXIÓN QUE UNE DESDE HOXE ESTA PARROQUIA CO CENTRO DE PONTEAREAS

  • O Xefe Territorial de Infraestruturas e Mobilidade, Jose Luís Díaz, da Xunta de Galicia, a portavoz municipal, Belén Villar, e varios veciños da zona acudiron ás dúas novas paradas que engade o roteiro de Paredes e que permite conectar a parroquia de Fozara co centro urbano do municipio.
  • “Ata o de agora este roteiro facía o seu paso por Fozara pero non tiña paradas na mesma, polo que os veciños levaban tempo reivindicado ampliar a conexión”.
  • “Nos próximos días instalarase a sinalización vertical das paradas e os populares aproveitaron a visita do Xefe territorial para solicitarlle tamén unhas marquesiñas”.

Ponteareas, 2 de setembro de 2022.- O Grupo Municipal do PP agradece á Xunta de Galicia e á Consellería de Mobilidade que dirixe Ethel Vázquez, que ampliase a roteiro Paredes-Ponteareas para dar servizo aos veciños de Fozara.  

O Xefe Territorial de Infraestruturas e Mobilidade, José Luis Díaz e a portavoz local, Belén Villar, que foi a persoa encargada de realizar a solicitude ante a desidia do actual bipartito, celebraron xunto a varios veciños da zona a estrea destas novas conexións que permitirán aos veciños de Fozara estar enlazados co pobo. Tal e como explicou Villar ”trátase dun servizo baixo demanda, polo que os veciños teñen que chamar o día anterior para facer a reserva previa, faise esa xestión e xa automaticamente asígnaselle un número de reserva que será o que deben achegar ao condutor do autobús cando suban”. Este sistema, que funciona en toda Galicia, permite aforrar custos e xestionar dunha forma máis eficiente os actuais recursos. De modo que se non hai reservas neses puntos o autobús non fai parada.   

Este modelo é o que quere seguir o PP de Ponteareas para conectar todas as parroquias co noso Centro urbano, de forma que calquera persoa das parroquias poida facer uso do transporte público. Esta medida vai beneficiar tanto aos veciños como aos comercios e hostalería do pobo, que agora, debido ao caos de peonalización dos últimos meses e a falta de aparcamento viron como moita xente vaise aos municipios vecinos.   

Ademais, o PP lémbralles aos veciños que coa tarxeta de transporte da Xunta de Galicia poden beneficiarse da actual redución que se puxo en marcha cun aforro do 50% en cada viaxe.