BELÉN VILLAR SOLICITA Á XUNTA QUE MELLORE A CONEXIÓN DE FOZARA CO CENTRO DE PONTEAREAS HABILITANDO DÚAS PARADAS DE AUTOBÚS

  • Os populares dirixíronse á Dirección Xeral de Movilidad para reclamar que as dúas liñas de autobús que transcorren pola devandita parroquia fagan parada na mesma.

Ponteareas, 23 de agosto de 2022.- O Grupo Municipal do PP dirixiuse á Dirección Xeral de Movilidade da Xunta de Galicia para reclamar unha mellora na conexión existente entre a parroquia de Fozara e o centro urbano de Ponteareas.   

Villar, presidenta e portavoz local, reuniuse cos veciños de Fozara para comunicarlles a situación desta iniciativa e considera que é moi factible que se habiliten dúas paradas xa que actualmente ata dúas liñas transcorren por ese termo local, destino ao casco urbano do municipio.

“Os autobuses xa pasan por alí, na súa maior parte o servizo vai baleiro, polo que aproveitaríamos estas liñas dando unha mellor solución e incluíndo a estes veciños de Fozara para que poidan estar conectados a diario co centro de Ponteareas”.   

Os populares consideran unha necesidade dar servizo de transporte a todo o rural todos os días do ano, e do mesmo xeito que aproveitar un transporte que xa existe promocionado pola Xunta, non descartan o proxecto confeccionado nas eleccións de 2019 como unha prioridade para manter e poñer en marcha se chegan á Alcaldía en maio de 2023, que consistía en dar un servizo ás parroquias “a demanda”, mediante un microbús ou bonos subvencionables polo Concello que poida dar servizo diario de taxi compartido a todos os veciños do arrabalde de Ponteareas.