O PP SOLICITA A RETIRADA INMEDIATA DAS NOVAS XARDINEIRAS E PRESENTARÁ UN ROGO AO PLENO NO CASO DE QUE O BIPARTITO CONTINÚE CON ESTA DECISIÓN

  • Os populares, que denunciaron nas súas redes sociais o 14 de agosto a situación e vía rexistro ante o Concello de Ponteareas, o 16 de agosto, consideran que este mobiliario debe ser situado nun lugar que non supoña un perigo para os viandantes e que permita o acceso a vehículos de emerxencia.
  • Consideran que unha “comisión” dilataría a medida da retirada e o que se necesita é vontade do bipartito e da alcaldesa Cristina Fernández de corrixir este erro que supuxo xa varios accidentes entre peóns que paseaban pola zona.
  • “Esperamos que en menos de 48h as retiren. A responsable do consistorio é a alcaldesa, Cristina Fernández, e é ela a que ten potestade total para que as cousas cambien e non calquera outro edil, como Roberto Mera”.

Ponteareas, 18 de agosto de 2022.- O Grupo Municipal do  PP que denunciou nas súas redes sociais, o 14 de agosto, o perigo do novo mobiliario urbano, tras ser alertado por varios veciños, insta ao Concello a retiralas en menos de 48h para evitar novos accidentes. En caso de non efectuarse esta solicitude, que foi cursada ante rexistro o 16 de agosto, fará un rogo ao pleno para instar á alcaldesa a que modifique a localización e sinalización destes elementos que causaron nos últimos días varios contratempos, con ata polo menos dous feridos.  

“O 13 de agosto comunicáronnolo varios veciños que viron como dúas persoas tropezábanse e tiñan que ser asistidas polos servizos de emerxencia, aos cales estas xardineiras tamén lles dificulta o paso, xa que están distribuídas sen sentido e as ambulancias teñen que sortealas como poden. O 14 de agosto denunciámolo en redes sociais e o 16 presentamos un escrito, vía rexistro, para instar á urxente retirada destas xardineiras para que non aumente o número de accidentados, que agora mesmo é a nosa prioridade. Consideramos que unha comisión dilataría esta medida no tempo polo que nós actuamos e solicitamos a retirada inmediata. A maiores, se non se liquida o problema, faremos un rogo no próximo pleno para tratar esta cuestión que supuxo ata o momento dous feridos bastante graves e varios con golpes, e aí si solicitaremos explicacións de quen ordenou situalas desa forma e os motivos para facelo así”.     

O PP considera que esta é outra mostra máis da falta de diálogo do bipartito con partidos da oposición e veciños que teñen que soportar que ata unhas “simples xardineiras” convértanse nun problema. “Non escoitan a ninguén. Non aceptan ideas nin melloras que veñan do PP. A colocación dun elemento tan sinxelo converteuse nun desastre e problema. A alcaldesa non se pode escudar máis no seu edil Roberto Mera, ela ten a suficiente lexitimidade para cambiar este tipo de decisións, pero quizais prefire escorrer o vulto e cargarlle a responsabilidade a outros”.