O PP DE PONTEAREAS RECUPERA OS SEUS TRADICIONAIS XANTARES POPULARES TRAS DOUS ANOS DE PANDEMIA SEN CELEBRACIÓNS MULTITUDINARIAS

  • Os populares, que tiveron que pospoñer as dúas últimas ceas do Nadal debido á Covid-19, celebrarán o 31 de xullo unha romaría popular con simpatizantes e militantes.
  • “Os afiliados víñannos reclamando recuperar estas celebracións e decidimos facela no verán ao aire libre no Parque Bouza Vella”.

Ponteareas, 22 de xullo de 2022.- O PP celebrará o próximo 31 de xullo, un xantar no parque Bouza Vella, a partir das 13.30h, tras dous anos de parón debido á pandemia.

Os populares recuperan así estes tradicionais encontros que viñan reclamando afiliados e militantes. “A intención era facela no parque Ferro Ucha pero o bipartito denegounos o permiso por falta de seguridade debido ás obras, polo que trasladamos a celebración ao parque Bouza Vella. Agradecemos á Comunidade de Montes de Areas a súa colaboración, imos poder gozar dunha contorna que se atopa en perfecto estado de conservación e isto debémosllo a eles. Contaremos cunha charanga do noso pobo que amenizará a xornada e o menú será de empanada, churrasco e doces, a un prezo popular de quince euros”.

O PP anima a todos os veciños a acudir a esta celebración na que tamén haberá tempo para intervencións políticas na que, xa están confirmadas a da propia presidenta local, Belén Villar, o recentemente nomeado presidente provincial do PP, Luís López “Lugués” e a deputada pontevedresa Ana Pastor, entre outros.