O PP DENUNCIA QUE O BIPARTITO ELIMINA DO ORZAMENTO PARA PERSOAL MÁIS DE 400.000 EUROS

  • Os populares non comprenden esta decisión xa que os traballadores, que levan meses reclamando diferenzas salariais impagadas, están a gañar por sentenza xudicial estas melloras salariale.
  • “Os traballadores reclaman o que se lles debe, e o bipartito no canto de atender ás súas obrigacións en materia de emprego, recortan esta partida para destinala a non sabemos que”.

Ponteareas, 20 de xullo de 2022.- O Grupo Municipal do PP denuncia que o bipartito (BNG-PSOE) recortou o capítulo un de Persoal en máis de 400.000 euros, polo que dificilmente poderase facer fronte ás obrigacións que teñen pendente ca plantilla actual, sobre todo ca laboral, que no últimos meses vén reclamando á administración local grandes cantidades de diñeiro por diferenzas de nóminas e pluses que están no Convenio e na RPT, que eles mesmos aprobaron.

O PP considera que este recorte no Orzamento de Persoal vai xerar máis problemas dos xa existentes. “Non esquezamos que moitos traballadores deste Concello recorreron á vía xudicial para reclamar o que lles corresponde, cuestión que na maior parte dos casos están a gañar, tendo que o Concello pagar salarios de dous anos atras, máis costas de avogados, máis intereses. A xestión en Persoal é lamentable”.