O PP LAMENTA QUE MENTRES CONCELLOS COMO SALVATERRA OU COVELO COIDAN AS SÚAS PARAXES NATURAIS, PONTEAREAS SIGA TENDO A FREIXA EN TOTAL ABANDONO

  • Os populares aplauden as actuacións de Salvaterra coas súas estreadas termas ou Covelo coa súa praia fluvial, mentres en Ponteareas o Goberno bipartito acaba de colgar na Freixa “Prohibido o baño”.
  • Belén Villar, portavoz local, felicita o modelo de xestión do PP en ambos os concellos veciños e comprométese a levar a cabo un modelo similar adaptado A Freixa para o goce dos ponteareáns.  

Ponteareas, 6 de xullo de 2022.- O Grupo Municipal de o PP lamenta o deixamento e estado de abandono ao que o Goberno bipartito ten sometido a paraxe natural da Freixa, que en pleno verán e con esta onda de calor, acaba de colgar o cartel de “prohibido o baño”.

Os populares que xa denunciaron en numerosas ocasións o estado de abandono de todo a contorna, lamentan que agora se some un “novo” problema. “Falta de limpeza, accesos e baños deteriorados, cero investimento nos locais que están en concesión, un cámping licitado do que nada máis se soubo e agora, en plena onda de calor cólgannos o cartel de prohibido o baño por verteduras incontroladas. Está claro que o Bipartito terá que dar explicacións despois de sete anos no Goberno sen investir un só euro na Freixa, con todo o diñeiro que recibiron de Deputación, Xunta e fondos europeos. Sete anos nos que non fixeron nin un só investimento en saneamento, que evitaría parte destas verteduras frecuentes”, explican os populares.

 O PP de Ponteareas felicita, pola contra, os proxectos de Salvatierra e Covelo, coas súas termas e praia fluvial respectivamente.

“Está claro que o PP ten outra forma de gobernar, nós aspiramos a que Ponteareas poida recuperar esta contorna para uso e goce dos veciños e adaptar un proxecto similar que encaixe coa Freixa”.