V 46B0467

O PP PROPÓN AMPLIAR AS AXUDAS DO DEPORTE LOCAL A MÁIS MODALIDADES DEPORTIVAS

  • Os populares presentan un escrito instando á modificación das bases que rexen a concesión das axudas ao deporte para que se inclúan os Clubs de Fútbol veterano, os Pilotos de Automobilismo e os Clubs Agility.  
  • “Nos últimos meses reunímonos con varios clubs e deportistas que reclaman poder optar a estas axudas, trátase de  deportistas federados que participan en competicións comarcais pero que agora mesmo, debido ás bases, non poden acceder a estas subvencións”.  
  • Solicitamos un incremento do 100% na contía das mesmas, ata 100.000 euros, algo que reclama o PP desde hai tempo e ao que o Bipartito sempre se negou.  

Ponteareas, 24 de maio de 2022.- O Grupo Municipal do PP insta o Goberno bipartito a modificar as bases que rexen as axudas a agrupacións e clubs deportivos, sen ánimo de lucro, do Concello de Ponteareas, para ampliar as modalidades deportivas que poidan beneficiarse, propoñendo ademais unha simplificación na súa tramitación, máis equidade e maior transparencia.  

Actualmente os equipos de veteranos de fútbol, os clubs de agility ou os pilotos de automobilismo, a pesar de estar federados, non poden acceder a estas axudas, polo que propoñemos que se amplíen os posibles beneficiarios nas bases. Estas entidades, con moitos deportistas, na actualidade non contan con ningunha axuda do Concello de Ponteareas.

Ademais, tamén solicitan un aumento do importe para repartir chegando aos 100.000 euros, o que supón un incremento do 100% con respecto ás anteriores convocatorias tal e como o grupo municipal do PP leva solicitado ao Bipartito nos últimos anos, e que o Goberno rexeita ano tras ano.  

Os populares consideran que estas subvencións deben ser máis equitativas e deben concederse tendo en conta o tamaño do club e os seus gastos anuais, polo que propoñen tamén modificacións nos criterios de concesión da subvención.

“Non pode ser que reciba o mesmo un Club que manexa anualmente un orzamento de 40.000 euros e outro cuxo orzamento está en 3.000 euros”. Con estas bases daremos máis peso na fórmula de concesión da axuda ao criterio “gastos da entidade deportiva”.  

Estas bases tamén buscan contribuír coa transparencia, da que carece a xestión do Bipartito, e así propoñemos que antes da resolución final de concesión das axudas, publíquese unha resolución provisional para que as entidades presenten alegacións en caso de desconformidade coa repartición ou poidan liquidar erros.  

Con estas melloras nas Bases aos Clubs deportivos e na contía para repartir estamos a contribuír a fomentar a actividade deportiva en nosa Villa e apoiamos a todas as persoas que nos representan alá onde van.