O PP ESIXE AO BIPARTITO QUE DEIXE OS DEBUXOS E PÓÑASE A TRABALLAR POLA CULTURA ARRANXANDO O AUDITORIO E CONSTRUÍNDO EN PÍAS A CULTURAL QUE PROMETERON AOS VECIÑOS

  • “A casa de Pías, que compraron mediante un préstamo, que estamos a pagar todos os veciños de Ponteareas, leva cinco anos parada. Non teñen diñeiro para a reforma e gástanse os cartos en renders doutras supostas instalacións culturais que van facer”.
  • “A falta de mantemento do auditorio non permite o seu uso, desde hai ano e medio. O Bipartito non ten proxecto para arranxalo, nin diñeiro asignado. Falan de maquetas, falsas promesas que acabarán como todo con este bipartito, en nada”.  

Ponteareas, 22 de abril de 2022.- O Grupo Municipal do PP lamenta que o Goberno bipartito gástese o diñeiro público en renders de instalacións socioculturais cando teñen as actuais en total deterioración.  

 “Hai uns días denunciamos o abandono do campo municipal de Pardellas pero o estado do Auditorio municipal é moito máis preocupante. Cun risco de derrubamento do teito, advertido polos técnicos, non se han dignado a facer ningún tipo de reforma nin buscar solución. Decidiron pechalo baixo sete chaves ata que suceda o previsible ou calquera desgraza”, lamentan os populares.  

Por outra banda, o PP lémbralle ao Bipartito que a parroquia de Pías leva anos esperando polo centro cultural que tanto lles prometeron.

“Gastáronse o diñeiro nunha casa ruinosa para facer o centro cultural de Pías, desde o PP opuxémonos á compra desta casa por considerar que había outras opcións de edificacións na parroquia que non se tiveron en conta, que era un endebedamento innecesario e que non incluía a reforma da mesma e o tempo deunos a razón. Despois de cinco anos os veciños de Pías seguen sen centro cultural porque o Concello, endebedado ata as cellas, con 14 millóns de euros na actualidade, non é capaz de asignar partida orzamentaria suficiente que poida cubrir os gastos que supoñen reformar esa casa que foi comprada totalmente en ruínas. Son uns nefastos xestores”.