1

O PP INICIA UNHA ROLDA DE REUNIÓNS PARA EXPLICAR O DOCUMENTO DO PXOM, APROBADO POLO BIPARTITO, EN TODAS AS PARROQUIAS E CENTRO DE PONTEAREAS

  • 23 marzo, 2022
  • PXOM
  • Os populares explicarán como queda ordenado o territorio #ante o aluvión de queixas e preguntas que están a realizar os veciños que non saben como quedaron as súas parcelas ao non ter oportunidade de comprobalo porque o bipartito non fixo exposición pública. 
  • Explicamos a edificabilidade, as zonas industriais, as de residencia, as zonas verdes. Facemos un repaso por cada  parroquia coas súas particularidades e explicamos os cambios máis significativos, na maioría a redución de construción de vivendas unifamiliares.

Ponteareas, 23 de marzo de 2022.- O Grupo Municipal do PP, #ante o aluvión de preguntas urbanísticas que estaba a recibir por parte de veciños, decidiu iniciar unha rolda de reunións a todas as parroquias e zonas de Ponteareas para explicar o documento do PXOM, aprobado definitivamente por PSOE e BNG, e que está a provocar xa os primeiros malestares, sobre todo no rural.

“Atopámonos con xente que non sabe que a súa parcela xa non é edificable. Persoas que lles pasa un vial por encima das súas propiedades que tamén descoñecían estes cambios. Esta é a consecuencia de facer un documento sen consenso, sen publicidade e sen contar coas emendas presentadas polos demais grupos políticos, como xa é habitual”, explica a voceira popular Belén Villar.

A primeira reunión produciuse na parroquia de Areas, á que acudiron decenas de persoas interesadas en coñecer estes cambios que xa son irreversibles e que só se poden alegar mediante a vía xudicial. Estamos a falar de parcelas que eran edificables no centro da parroquia e agora son rústicas, ou de naves na N-120 que na aprobacion inicial estaban en mini- polígonos industriais e que agora desapareceron e quedan en rústico, co prexuízo que iso supón para eses negocios e os seus propietarios  

As próximas reunións continuarán polo rural e ao finalizar todas as parroquias iniciarase outra rolda de reunións en diferentes partes do pobo de Ponteareas.