3cfb9565 96f6 44db 98cb 9e67253936a7

BELEN VILLAR PIDE POR ESCRITO Á ALCALDESA UNHA SOLUCIÓN INMEDIATA NA ESCOLA INFANTIL, ANTE A PROXIMIDADE DO INVERNO

  • Solicitan unha pequena cuberta nunha das entradas,  a porta traseira desde o Covid, para o resgardo de familiares que quedan á intemperie na entrada e saída dos nenos.
  • Tamén piden melloras na recollida de pluviais e que se acometa xa a obra de adaptación á normativa actual, para recuperar as 29 prazas que se deixaron de ofertar.   

Ponteareas, 3 de decembro de 2021.- O Grupo Municipal do PP, a través do seu portavoz Belén Villar, enviou un escrito á alcaldesa nacionalista, Cristina Fernández, para que tome medidas urxentes na entrada traseira da escola infantil xa que, desde a chegada do Covid, está habilitada para acceder ao centro e carece de cuberta ou espazo de resgardo para que os usuarios non se mollen nas esperas de entrada e saída dos nenos.  

“A diario entran gran parte dos nenos, e nestes momentos non ten ningún tipo de cuberta que os resgarde na entrada, para os seus pais ou familiares e mesmo para deixar o cochecito do bebé (no interior está prohibido). Esta pequena actuación facilitaría moito aos pais e evitaría que os nenos saian á intemperie das aulas. Chegado o inverno a situación agravarase coas choivas e o frío, polo que é importante que a executen xa”, explicou Villar.

Os populares consideran que se trata dunha actuación que non reviste ningunha complicación, “só é ter vontade de querer facelo”.   

Por outra banda, desde o PP tamén se reclaman outras melloras, como a recollida de augas, “reclamamos a condución de todas as bajantes do edificio cara a un sumidoiro, porque cando chove a auga asolaga as beirarrúas e as entradas á escola infantil” ou a posta en marcha da obra de remodelación que o bipartito ten paralizada desde 2016, e que lles obriga a prescindir de 29 prazas, “cando segundo os datos facilitados polo Goberno local hai listas de espera na Escola Infantil”, aclara Villar.  

 A portavoz avanzou que vai seguir escoitando ás familias usuarias desta instalación e a buscar a maneira de que a escola infantil volva ser un referente como o foi durante moitos anos, cuns profesionais excelentes nunhas instalacións que son municipais ás que lle falta moito mantemento e adaptación á nova normativa.