Desbroce 1

O PP ESIXE AO BIPARTITO QUE INCREMENTE OS CONTRATOS DOS TRABALLADORES DA RISGA DE PARCIAIS (75% DA XORNADA) A COMPLETOS (100%)

  • “Non é lóxico que a alcaldesa e os seus edís súbanse o salario e con todo recorten e non destinen fondos para pagar a estes 20 traballadores un salario digno”.  
  • “Só destinaron a achega que lles deu a Xunta, 203.455 euros, e iso non é suficiente para cubrir o 100%”.  

Ponteareas, 29 de novembro de 2021.- O grupo municipal do PP solicita ao goberno local que destine unha partida económica para mellorar o salario dos traballadores da Risga, que grazas á achega realizada pola Xunta de Galicia, puideron contar cun contrato laboral por un período de 9 meses.

“A axuda autonómica que recibe o Concello cobre o 75% dos custos salariais e da seguridade social dun contrato a xornada completa. Con todo, o bipartito non destina nin un euro para cubrir o 25% restante que posibilitaría ofrecer esta xornada completa, polo que actualmente estas persoas están a recibir un salario duns 600 euros mensuais, o que non é suficiente para poder chegar a fin de mes”.  

 O PP lémbralle ao bipartito que esta axuda é incompatible con outras como acudir ao banco de alimentos municipal ou a axudas de emerxencia social, e estas persoas, agora con contratos que non son a xornada completa, cobran menos que cando percibían a renda de integración social e quedan en peores condicións.  

Por todo eles, o PP solicita que o bipartito aumente os contratos de traballo das persoas que estaban a percibir a Risga, ampliando a xornada dun 75% a xornada completa.