PHOTO 2021 05 11 13 01 21

A XUNTA INICIA AS OBRAS NO COLEXIO A NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS CUN INVESTIMENTO DE 47.000 EUROS

  • O centro dispoñerá dun novo patio cuberto na zona de infantil”.
  • A portavoz popular, Belén Villar, gradece o compromiso da Consellería de Educación que está a facer un forte investimento no municipio.
  • Ademais desta obra, executouse un cambio de cuberta e obras no ximnasio do Fermín Bouza Brey. Prevese que nas próximas semanas licítense obras de mellora tamén no colexio Santiago de Oliveira”.

Ponteareas, 6 de outubro de 2021.- O Grupo Municipal do PP agradece o investimento que realizou a Consellería de Educación nos diferentes centros educativos do municipio. A portavoz local, Belén Villar, agradeceu tanto á Consellería como ao Secretario Territorial, César Pérez Ares, os diferentes investimentos.

“Acábanse de iniciar as obras no colexio A nosa Señora dos Remedios, un investimento de 47.000 euros que supón a creación dun patio cuberto na zona dos máis pequenos. Non esquezamos tamén que se realizou un cambio de cuberta e remodelación de ximnasio no Fermín Bouza Brey por valor de 300.000 euros. Por outra banda, nas próximas semanas licitaranse as obras, investimento de 48.000 euros, para o colexio Santiago de Oliveira, mellorando os falsos teitos e as luminarias do centro. Hai un claro compromiso da Xunta de Galicia con Ponteareas e debemos mostrar o noso agradecemento porque no últimos tres meses comprometéronse con melloras por un valor total de 400.000 euros”.

A portavoz, que se reuniu hai meses co secretario Territorial, César Pérez Ares, agradece que se tiveron en conta todas as solicitudes presentadas polo Grupo popular e polos propios centros. “Sei que somos moi insistentes, pero ao final os resultados están aí e os nosos centros agora están en mellores condicións”.