O BIPARTITO A PIQUES DE PERDER OS 5 MILLÓNS DE EUROS DA EDUSI POR NON EXECUTAR AS OBRAS

  • “Solicitaron ao Ministerio unha prórroga ata o ano 2024, polo que deixan a actuación en mans dunha futura corporación”.
  • Descoñecemos se o Ministerio vai conceder e dar o visto e prace a esta prórroga. A preocupación é máxima porque Pònteareas non pode perder un investimento destas características”.
  • “Tendemos a nosa man á actual alcaldesa para sacar esta estratexia adiante”.

Ponteareas, 8 de setembro de 2021.- O Grupo Municipal do PP leva meses advertindo do atraso que o Goberno bipartito vén carrexando na realización das obras pertencentes á Estratexia de Desenvolvemento Urbano-Sostible e Integrado ( EDUSI), unha demora que podería derivar na perda dos cinco millóns de euros que foron concedidos para a mesma.

 “Non esquezamos que nas bases e pregos da convocatoria, estes fondos eran concedidos cunha condición de prazos. Se en 2020 non se executaban e xustificaban estas actuacións corríase o risco de perder a axuda”, lembran desde o PP.

Os populares accederon ao expediente no que o bipartito solicita unha nova prórroga, de ata polo menos o ano 2024, “deixando o traballo á futura corporación” e mostran a súa preocupación pola pósible perda e negativa do Ministerio para conceder máis prórrogas.

“Imos solicitar que se convoque a Comisión da EDUSI e que se informe semanalmente de todos os pasos que se van dando para a realización e xustificación dos investimentos contemplados. Ponteareas non pode perder esas axudas”.

Os populares tenden a man á actual alcaldesa para colaborar na estratexia e sacar adiante este proxecto que supón un gran investimento para Ponteareas.