A XUNTA CONCEDE MÁIS DE 33.000 EUROS AOS CLUBS DEPORTIVOS DE PONTEAREAS MENTRES O CONCELLO SEGUE SEN CONVOCAR A AXUDA LOCAL

  • A Secretaría Xeral para o Deporte fixo públicas as subvencións concedidas a entidades deportivas do municipio por valor de 33.886,69 euros.
  • O PP reclama ao bipartito que poña xa en marcha a liña de axudas local que este ano sufriu un gran atraso, sen motivo xustificable.

Ponteareas, 20 de agosto de 2021.- O Grupo Municipal do PP agradece as axudas que acaban de facerse públicas no DOG, referentes ás subvencións para entidades deportivas de Ponteareas para o desenvolvemento de actividades deportivas e para a implementación de medidas de seguridade e prevención no desenvolvemento da actividade deportiva oficial como consecuencia da COVID-19.

“Máis de 33.000 euros que en plena pandemia, coa limitación de aforos e o gasto que sufriron os clubs para material e epis debido á COVID-19, son máis necesarios que nunca”.

Por outra banda a portavoz local, Belén Villar, lamenta a desidia do Goberno local, que aínda non puxo en marcha as axudas a nivel municipal. “Un ano máis temos que estar a rogar ao bipartito e lembrando que fagan os seus deberes. Que por favor poñan estas axudas en marcha e así os clubs poidan continuar coa súa actividade tan prexudicada por todas as restricións e situacións que provocou a pandemia na que nos atopamos”.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210820/AnuncioG0595-100821-0009_gl.html