WhatsApp Image 2021 07 28 At 19.04.40

INÍCIANSE AS OBRAS DO CAMBIO DE CUBERTA NO COLEXIO FERMÍN BOUZA BREY DE PONTEAREAS

  • Os populares agradecen á Xunta de Galicia o investimento de 300.000 euros que permite este cambio de cubertas do edifico principal e do ximnasio.  
  • “Vaise a inpermeabilizar unha área de case 2700 m2 para mellorar o espazo de fronte ao uso que fan profesores e alumnos deste centro”. 

Ponteareas, 28 de xullo 2021.- O Grupo Municipal do PP agradece o investimento da Xunta de Galicia no Colexio Fermín Bouza Brey no que xa se iniciaron os traballos para o cambio de cuberta do edificio principal e da zona do ximnasio.   

“É un investimento de 300.000 euros que vén resolver unha antiga demanda da comunidade educativa que a propia consellería, a través dos seus técnicos, xa detectara. Modernízase así un centro educativo no que se van a illar 2.700 m2,   mellórase tamén a recollida de pluviais de ambos os immuebles que , polo paso do tempo, xa estaban deteriorados producindo goteos e verteduras de auga na fachada”, explicou a portavoz local, Belén Villar.  

O PP de Ponteareas agradece que a Xunta, que licitou as obras no mes de maio, xa inicie os traballos aproveitando a tempada estival para iniciar o curso en setembro cos deberes feitos. “O noso agradecemento ao delegado territorial Luís López, ao Xefe Territorial de Educación,  César Pérez e a toda a Consellería de Cultura e Educación”.