O GOBERNO LOCAL NON SOLICITA A PARALIZACIÓN DA SUBIDA DE IMPOSTOS RECOLLIDA NOS PGE E LIMÍTASE A ESIXIR QUE NON SE AUMENTE A COBRANZA NAS PEAXES GALEGAS

  • BNG e PSOE rexeitan a moción que presentou o PP, que instaba a anular o incremento de impostos incluídos nos PGE para 2021 do executivo de Sánchez.
  • “A nosa moción foi substituída por outra que fala de non aumentar as peaxes en Galicia e que non reclama unha paralización da subida de impostos, como os da luz e o combustible que afectan a todos”

Ponteareas, 4 de xuño de 2021.- O Grupo Municipal do PP lamenta que o Goberno local (BNG-PSOE) non defendese os intereses xerais dos veciños de Ponteareas ao modificar a moción presentada polos populares, na que se solicitaba a anulación da subida de impostos para 2021, a anulación tamén da subida e novas peaxes nas autovías e autoestradas españolas e descartar a eliminación dos beneficios fiscais que figuran no documento enviado xa á Unión Europea.

“BNG-PSOE preferiron modificar a moción, propoñendo un cambio que se cingue única e exclusivamente á cobranza das peaxes en Galicia. Ademais, limítanse a dicir que cando a economía mellore estúdese unha baixada de impostos, polo que se manifestaron claramente a favor da subida”.

O PP posicionouse a favor da moción de substitución do BNG-PSOE, “porque mellor iso que nada”, xa que polo menos vaise a instar o executivo central a que non suba e anada novos tributos nas autoestradas e autovías galegas.

“A nosa intención era presionar para que o Goberno central non suba os impostos aos veciños de Ponteareas, como a luz ou o combustible que afectan a todos. Tamén para que se sigan mantendo certas bonificacións fiscais, que pretenden eliminar, como é o caso dos pactos de mellora, herdanzas en vida, que deixarán de ter bonificacións. BNG e PSOE terán que explicar os motivos do seu posicionamento, desde logo, deron as costas a todos os veciños do noso municipio”.