PHOTO 2021 03 17 10 07 31

O PP VOLVE A SOLICITAR AO GOBERNO LOCAL QUE AMPLÍE O PERSOAL DE BOMBEIROS EN PONTEAREAS

  • Os populares visitaron as instalacións para confirmar que o Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, comprometeuse a dotarlles cun novo vehículo.

Ponteareas, 17 de marzo de 2021.- O Grupo Municipal do PP visitou as instalacións municipais de Bombeiros en Ponteareas para trasladarlles o compromiso firme da Vicepresidencia da Xunta, presidida por Alfonso Rueda, de dotar ao corpo cun novo vehículo homologado e adaptado para a extinción dos incendios na Comarca do Condado.

Desde a Xunta cada ano colaboran co noso Concello cun convenio de máis de 150.000 euros na prevención e defensa contra incendios dos GES (Grupo de Emerxencias Supramunicipais), e agora darán un paso máis no seu compromiso con este servizo.

“Tras darlles esta boa noticia, estivemos visitando as instalacións e coñecendo outro tipo de necesidades. Sen dúbida, do que máis se queixan é da falta de persoal, que dificilmente cobre os servizos, e que depende da vontade do goberno municipal. Por iso imos solicitar, unha vez máis, mediante moción ao pleno, a convocatoria urxente das prazas de Bombeiros que hai pendentes doutros anos, por parte do Goberno local”, explica Belén Villar, portavoz do PP en Ponteareas.