IMG 5547

O PP RECLAMA AO BNG QUE AXILICEN AS OBRAS DE ADAPTACION Á NORMATIVA DA GARDERÍA INFANTIL

  • Existe un informe técnico do ano 2018 que indica que houbo reunións e formulacións do BNG-PSOE desde marzo de 2016, e que as esixencias da Xunta afectan o conxunto do edificio actual, tanto zona inicial como zona ampliada.
  • Villar “apoiamos a comisión de investigación, pero cremos que será un “paripé” para desviar a atención do verdadeiramente importante que é acometer unhas obras que están autorizadas dende fai dous anos e que a Xunta espera un calendario de realización dás mesmas”.

Ponteareas, 26 de febreiro de 2021.- O Grupo Municipal do PP apoiou a creación dunha Comisión de Investigación proposta polo BNG para dirimir responsabilidades sobre as obras e diferentes actuacións levadas a cabo na Escola Infantil desde o ano 2005, porque queremos que se esclarezan as acusacións vertidas polo BNG durante as pasadas semanas, pero cremos que será un “paripé” porque a maioría na Comisión terana o BNG e o PSOE.

Lamentamos a actitude do BNG que, no seu abandono de funcións, como responsable do servizo, siga sen resolver o que verdadeiramente importa que é acometer unhas obras que están autorizadas desde hai dous anos, que xa lles foron reiteradas en máis dunha ocasión esas reformas, sen que fixesen nada en vinte e catro meses. Este abandono de funcións supuxo por primeira vez en moitos anos, a apertura dun expediente sancionador sobre a gardería municipal.

Villar que reclamou durante semanas documentación que acreditase as acusacións sobre o PP que o BNG fixo en diferentes medios de comunicación, manifesta que o día anterior do Pleno déronlle acceso a informes e actas de inspección que son contrarias a todas estas afirmacións.

Non existe ningún informe técnico desfavorable sobre as obras efectuadas nos anos 2005 e 2006. É mentira que o bipartito descoñecese este expediente, porque existen actas e informes técnicos dos anos 2016 ata 2019 que acreditan reunións e envío de documentación á consellería por parte do alcalde, visada pola mesma arquitecta que xa no ano 2013, co anterior goberno do PP presentáronse diferentes solucións e especificado incidencias que se solucionaron neses anos.

A Xunta non pecha ningunha aula da escola infantil, que poden seguir funcionando mentres o goberno local adapta o edificio á normativa, segundo o proxecto que lles aprobaron en xaneiro de 2019. O goberno local debe planificar a contratación da obra e a execución por prazos, sen que afecte os usuarios, comunicándolle á Consellería un calendario de realización das obras.