WhatsApp Image 2021 02 05 At 17.59.14

O PP CONSIDERA INVIABLE PEONALIZAR AS RÚAS FONTE DO BARATILLO E CORTIÑA VELLA TRAS OS CAMBIOS DE SENTIDO E CORTES DE TRÁFICO EXISTENTES NOS ARREDORES

  • Os populares presentaron iniciativas á nova normativa que pretende aprobar o Goberno bipartito, e que “foi presentada á prensa antes que aos grupos da oposición”.

Ponteareas, 5 de febreiro de 2021.- O Grupo Municipal do PP considera que tras os cambios de sentido efectuados nos últimos meses nas rúas próximas a Cortiña Vella e Baratillo, non é posible realizar unha peonalización completa da zona.

Os populares consideran que a planificación brillou pola súa ausencia desde o primeiro momento e que agora é moi complicado organizar as restantes rúas. Aínda así o PP non quixo desaproveitar a oportunidade que lles deu o concelleiro, que por primeira vez tendeu a man ao consenso. “É a primeira vez que se nos pide opinión. Supoñemos que como ata o de agora fixeron todo ás bravas e sen consenso, son coñecedores do malestar veciñal, pois quererán compartir responsabilidades”.

Villar presentou un documento onde explica que aínda que os cambios propostos non son os desexados, agora mesmo, e tal e como está o resto de rúas, como a rúa Braña, Perillana, rúa Arxentina e Avda. Fernández Vega entre Auditorio e Praza de Abastos, non queda máis que esa alternativa.

 “A rúa de baixada Fonte do Baratillo, aínda que digan que a van a peonalizar, agora non se pode facer na súa totalidade. Debemos deixar acceso a residentes non só dese vial senón tamén de rúas de ao redor que agora mesmo están a acceder desde aí, como os residentes das rúas Fernández Vega, Ferreiros, A Calexa, Esperanza e Arxentina, ao non poder facelo desde as outras rúas polos cambios que fixo o goberno local en meses anteriores. O mesmo sucede cos taxis, e os vehículos de emerxencias debemos priorizar este paso. Por outra banda non se contemplan zonas de carga e descarga, teniendo en cuenta que hai varios negocios na zona, deberían darlles unha solución”.  

En toda a rúa Baratillo, desde a biblioteca municipal propoñemos, ademais de zonas de carga e descarga para os negocios, non eliminar o aparcamento e por tanto non habilitar o paso de peóns pola marxe esquerda ao existir polo lado dereito beirarrúas continuas. No caso de Cortiña Vella propoñemos conseguir terreo para prazas de aparcadoiro e que o vial poida ser máis ancho. «Cuestión que xa está contemplada no PXOM desde a aprobación inicial, como zona de espazo público. Non ten sentido que arranxemos esa rúa para rompela de novo dentro duns anos”.

Os populares consideran que todas as modificacións que xa realizaron están a xerar un gran volume de tráfico por estas rúas, e con estes novos cambios “todas derivan en Rúa San Roque, unha zona que se quería peonalizar e mellorar a calidade de vida dos seus residentes, e que realmente está a soportar un maior número de paso de vehículos”.