ACIP BLOQUEA DÚAS MOCIÓNS PRESENTADAS POLO PP PARA INSTAR Á BAIXADA DO IVE DOS SALÓNS DE PEITEADO E Á CREACIÓN DUN FONDO PARA AXUDAS Á HOSTALERÍA

  • Villar lamenta a actitude de Juan Carlos G. Carrera que se posicionou en contra do interese xeral dos autónomos e pemes de Ponteareas ao non permitir a votación destas dúas mocións nas comisións informativas.
  • “Presentamos por urxencia estas dúas iniciativas, propuxemos facer un texto consensuado, o Goberno local deu o visto e prace e de súpeto ACIP paralizounos todo”.
  • O PP levará igualmente as mocións a pleno, por vía de urxencia, e espera unanimidade e consenso por parte de todos os grupos.

Ponteareas, 21 de xaneiro de 2021.- O Grupo Municipal do PP lamenta a actitude do representante de ACIP, Juan Carlos G. Carrera, que nas comisións informativas ha bloqueado as dúas mocións presentadas polo PP por vía de urxencia.

Os populares entregaron á alcaldesa en funcións, Cristina Fernández, dúas iniciativas para acordar con todos os grupos. Primeiramente unha moción que instaba o Goberno central a reducir o IVE aplicado aos salóns de peiteado, barbarías e salóns de beleza, cuestión na que todos estaban de acordo. A segunda moción propoñía crear un Fondo de Cooperación entre Xunta, Deputación e Concello de Ponteareas para axudar ao sector máis castigado durante a pandemia actual, o sector hostaleiro, pola obrigatoriedade de pechar as súas portas. Villar propuxo facer un texto conxunto, se así o estimaban, e a alcaldesa en funcións deu o visto e prace. A sorpresa chegou segundos despois, cando Juan Carlos G. Carrera, representante de ACIP, mostrou o seu malestar e bloqueou a votación. “Non estou de acordo, non se poden votar porque non foron incluídas na comisión informativa”.

Villar considera que Carrera boicoteou a votación polo simple feito de que as iniciativas foron presentadas polo PP e non por ACIP. “Noutras ocasións eles trouxeron mocións de urxencia, e se estamos todos de acordo tratáronse e votado en comisións. Parece que o único que lles molesta é que tivésemos nós a iniciativa”, lamenta Villar.

Os populares presentarán as mocións igualmente no pleno e solicitan máis diálogo e consenso antes dous temas que son clave para os veciños de Ponteareas. “É de traca que o Goberno local apoiounos e ACIP non. Espero que rectifiquen e que no pleno mostren o seu apoio a estas iniciativas de interese xeral, as cales seguen abertas a un texto consensuado por todos”.