12.2019 (5)

PP DE PONTEAREAS PRESENTA UNHA MOCIÓN PARA CONSEGUIR UNHA BAIXADA NO RECIBO DA LUZ E O GAS

  • Os populares instan o Goberno central a que negocie coas eléctricas ou que reduza o 21% do IVE aplicado ao consumo eléctrico.
  • “Animamos a todos os concellos de España a que soliciten o mesmo e esperamos que o bipartito non terxiverse o sentido desta moción, pasando o rodete, como adoitan facer habitualmente”.

Ponteareas, 18 de xaneiro de 2021.- O Grupo Municipal do PP solicita unha negociación urxente por parte do Goberno Central coas eléctricas e comercializadoras.

“Este mes de xaneiro marcouse un récord histórico na subida da luz e o gas, en plena onda de frío e crise económica motivada pola pandemia. Esta alza afecta a miles de familias de Ponteareas e agrava o problema de pobreza enerxética que sofren en moitos fogares do municipio. Por todo iso presentamos esta moción que esperamos sexa aprobada por unanimidade en Ponteareas e apoiada noutros concellos do territorio español”.

Os populares consideran que o Goberno central pode reducir o impacto sobre o consumidor final negociando coas eléctricas ou reducindo o tipo de IVE, que na actualidade é do 21%, podendo fixalo como un IVE reducido do 10% ou mesmo do 4% (IVE superreducido).

“Este mes de xaneiro moitos veciños de Ponteareas verán incrementado o seu recibo da luz nun 30%. Por iso, desde esta Corporación Municipal, debemos esixir ao Goberno central (PSOE-PODEMOS), así como ao grupo BNG que facilitou a súa investidura, unha medida urxente neste asunto, que permita abaratar os próximos recibos da luz e do gas”.