WhatsApp Image 2020 12 19 At 15.40.24

O BIPARTITO NON DEIXA DE INCREMENTAR OS SEUS INGRESOS POR SANCIÓNS ATA PRETO DE 400.000 EUROS, MENTRES OS PONTEAREÁNS SOFREN A CRISE ECONÓMICA COMO CONSECUENCIA DA COVID-19

  • “Nos últimos meses recadouse máis de 215.000 euros en sancións a negocios de hostalería. As multas de tráfico superan os 150.000 euros”.  

Ponteareas, 18 de decembro de 2020.- O  Grupo Municipal do PP alerta do incremento na recadación que está a efectuar o bipartito (BNG-PSOE) a base de sancións a negocios de hostalería e en multas de tráfico, que se aproxima aos 400.000 euros.

O PP considera que pódese cumprir coa lei sen perseguir desa forma ao cidadán. “Nos últimos meses recadáronse 215.000 euros por expedientes abertos a hostaleiros. E ademais, aínda que non temos a cifra definitiva, sabemos que as sancións de tráfico incrementáronse, superando os 150.000 euros”, explican os populares.

O PP considera que a situación excepcional de pandemia e as numerosas obras nas rúas do centro de Ponteareas deberían ser motivos suficientes para “pensar en solucións e non perseguir ao veciño con sancións”.

“É necesario ofertar máis aparcamento na malla do centro urbano, mellorar o tráfico rodado e por suposto axudar ao sector hostaleiro e comercio, do que viven moitos veciños de Ponteareas e que están a ver mermados os seus ingresos por mor da pandemia”.