Concello 10 (1)

O PP SOLICITA A REPRESAS QUE CUMPRA O ACORDO PLENARIO QUE ELIMINA AS TAXAS AOS COLECTIVOS SEN ÁNIMO DE LUCRO

  • ­A moción presentada polos populares, hai un ano, foi aprobada por unanimidade e contemplaba a bonificación do 95% do ICIO e outras axudas na taxa de ocupación de vía pública e por apertura de gabias.

Ponteareas, 17 de decembro de 2020.- O  Grupo Municipal do PP lamenta que o goberno bipartito non cumpra os acordos plenarios, en relación neste caso, á moción aprobada para que se bonificase o 95% do ICIO (Imposto de Construción, Instalación ou obra) daquela actuacións que sexan de interese xeral e das taxas por ocupación de vía pública e apertura de gabias, efectuadas sempre por asociacións sen ánimo de lucro.

Os populares consideran que asociacións veciñais, traídas de augas , comunidades de montes, etc…non teñen porque asumir estes impostos, xa que as obras realizadas son de interese xeral e por tanto goce de todos os veciños. Por iso, ademais destas exencións solicitaron unha redución dos prazos da garantía (fianza) que teñen que achegar en cada unha das obras.

“Despois de 12 meses seguen sen aplicarse as bonificacións a estes colectivos, ademais, tampouco lles reduciron os prazos de fianza. Ségueselles retendo o diñeiro de aval durante un ano”, explican os populares.

O PP decidiu presentar unha serie de preguntas para que o bipartito explique a situación da ordenanza, que segue igual que hai un ano e que por tanto non permite cumprir co acordo plenario de 2019.

“Cando teñen pensando cambiar a ordenanza para que se apliquen estas bonificacións? Reduciron os prazos de garantía e están a bonificar o 95% do ICIO a estas asociacións? Por que teñen proxectos paralizados, pendentes de declarar de interese xeral, e por tanto exentos deste imposto?”, pregúntanse os populares.