O PP DENUNCIA UN RECORTE DO 25% PARA DEPORTE NO ORZAMENTO 2021

  • Redúcense principalmente as axudas económicas destinadas aos clubs deportivos.

Ponteareas, 26 de novembro de 2020.- O grupo municipal do PP denuncia que os orzamentos municipais para o vindeiro ano 2021, contemplan un recorte na partida destinada á promoción do deporte local dun 25%, pasando de 296.719,55€ no 2020 a 222.139,73€ no 2021. Decisión que a portavoz popular Belén Villar, tacha de “incomprensible e non xustificada”.

“Levamos anos reclamando un aumento do diñeiro que o noso concello destina á área de deportes, pero ano tras ano o goberno BNG-PSOE reducen esta partida orzamentaria”. “Se queremos un -Ponteareas, hábitat saudable-, o deporte ten que ter un peso moito mais imporante nos orzamentos municipais, xa que na actualidade apenas representa o 1% dun presuposto de 18 millóns de euros”, afirman os populares.

Os populares critican con dureza que as partidas que máis se recortan en deportes sexan as destinadas a apoiar aos  clubs deportivos do noso Concello. “Redúcese a colaboración cos clubs en 10.000€ e suprimise o convenio de 9.000€ co Club Ciclista Ponteareas, que xa se veu reducido neste ano. É algo inadmisible”, critican os populares.

“Ponteareas é o Concello de toda a comarca que menos diñeiro destina a Deportes. O único bo que se fará para o próximo ano é a renovación do céspede artificial do campo de Pardellas, unha obra financiada integramente pola Deputación de Pontevedra na que o Concello non pon nin un so euro”.

Belén Villar presentó unha serie de emendas ao presuposto municipal 2021 que foron votadas en contra polo Goberno local, entre as que estaban subir as axudas aos clubes deportivos ata 100.000 euros e crear unha nova liña para os clubes non federados, como os veterans de fútbol. Tratábase de estar ao lado dos clubs deportivos de Ponteareas, e non darlle a espalda como o está a facer o goberno municipal, que prefiere manter a subida dos seus soldos un 60% antes que apoiar ao deporte local.