Pp

VILLAR: “OS ORZAMENTOS DE 2021 QUE PROPÓN REPRESAS SON SINÓNIMO DE MÁIS DÉBEDA E RECORTE DOS SERVIZOS PÚBLICOS”.

  • Os populares denuncian que o Orzamento para 2021 que pretende aprobar o Bipartito resúmese na firma de máis préstamos.
  • “Recórtase o gasto en servizos esenciais como Emprego, Bombeiros, Protección Civil, Centro de Día e Residencia de maiores”.
  • Colectivos de gran transcendencia en Ponteareas como a Asociación de Alfombristas, as Traídas de Auga, o Club Ciclista Ponteareas ou o Obradoiro Vocal A Vila, verán reducido ou eliminadas as súas axudas anuais.  

Ponteareas,  20 de novembro 2020.- O Grupo Municipal do PP lamenta a falta de diálogo do bipartito que sen ningún tipo de reunión, máis que as obrigadas comisións informativas, presentou o documento de orzamento para 2021, “sen acordar absolutamente nada cos dous grupos da oposición”.

A súa presentación, con total obscurantismo e ás carreiras, fixeron que o expediente estivese incompleto, motivo polo que Villar presentou unha alegación para tombar o acordo. “Queremos o documento na súa totalidade e terán que responder porqué aprobárono sen estar a documentación en orde”.

Os populares anuncian o seu voto en contra por tratarse duns orzamentos que endebedará máis aínda as arcas municipais e que hipotecará o futuro das próximas corporacións.

“Os préstamos que están a asinar condicionan os próximos 15 anos. Segundo o Informe da Interventora municipal con estas contas que pretende aprobar o goberno bipartito continuamos en números negativos que cuantifica en preto de 300.000 euros. Fai especial fincapé no perigo de non poder facer fronte, un ano máis, aos pagos de facturas e nóminas, como este ano 2020 que obrigou ao alcalde a pedir un préstamo de tesourería de 2 millóns de euros”, explica Villar.

A portavoz e presidenta local alerta de que tamén ven reducidas varias partidas de servizos esenciais (bombeiros, protección civil, residencia, centros de día) e mesmo desaparecen convenios e axudas para varios clubs e asociacións da Vila de Tea (Club ciclista, traídas de augas, alfombristas,etc…).