1

O PP PIDE AXILIDADE AO GOBERNO LOCAL PARA QUE TRAMITE AS EXENCIÓNS DE IMPOSTOS LOCAIS AOS AUTÓNOMOS AFECTADOS POLOS PECHES DA COVID-19

  • Esiximos ao Bipartito que deixe exentos do pago de impostos como lixo. IBI e outros a toda a hostalería, tal e como se acordou fai catro meses.
  • Os populares lembran que ademais desta medida é necesario que as sancións aos negocios non se sigan disparando, porque as axudas que se outorgan por unha banda quítanselles con fartura por outro.

Ponteareas, 20 de novembro de 2020.- O Grupo Municipal do PP esixe ao Goberno local que sexa áxil cumprindo os acordos en relación á COVID-19, porque se expuxo a exención de impostos locais a todos os autónomos que sufriran peches durante o Estado de Alarma, como consecuencia da pandemia, e seguen sen aplicalo.

“Esperamos que agora o bipartito si faga caso, parece que non lle interesa, esperamos ter máis sorte esta vez”.

Por outra banda os populares solicitan unha campaña de concienciación na hostalería e outra forma de proceder, por parte do alcalde, antes de sancionar aos hostaleiros. “O Goberno BNG-PSOE leva máis de 250.000 euros recadados en sancións. Está ben que fagan cumprir a lei, pero poderían primeiro informar e advertir aos hostaleiros, xa que con tanto cambio de normativa moitos descoñecen as normas actuais”.

O PP considera que é necesario velar pola seguridade dos ponteareáns pero considera que, debido á delicada situación do sector hostaleiro e do comercio, poderíase proceder doutras formas antes de sancionar.

“É necesario que coñezan o seu límite de aforo, a hora do peche, que se lles advirta das normas que deben de cumprir, antes de sancionar poderíase previr e advertir. Aqueles que non cumpran deberán ser sancionados, pero en moitos casos é por falta de información”, explican os populares.