Unnamed

A XUNTA DE GALICIA OUTORGA AO CONCELLO DE PONTEAREAS UNHA MÁQUINA ESPARCIDORA DE SAL PARA EVITAR ACCIDENTES NO INVERNO

  • A Dirección Xeral de Emerxencias acaba de publicar no DOG as axudas para equipamentos de emerxencia en Concellos de menos de 50.000 habitantes.
  • A administración autonómica cumpre así co requirimento
    do Goberno bipartito, que solicitou este servizo.

Ponteareas, 12 de novembro de 2020.- O Grupo Municipal do PP agradece á Xunta de Galicia o novo equipamento para emerxencias que acaba de adxudicar, segundo publicación no DOG, ao municipio de Ponteareas.

“Todos os anos están a dotar de material e equipamentos aos Concellos de menos de 50.000 habitantes. O ano pasado adxudicaron un remolque de emerxencias e para este 2020, Ponteareas recibe unha máquina esparcedora de sal, solicitada polo goberno bipartito. Con esta máquina Ponteareas pode mellorar a seguridade das súas vías urbanas e interurbanas, para evitar posibles accidentes e colisións nos meses de máis frío”, explican os populares.