REPRESAS SEGUE SEN CONVOCAR O PLENO EXTRAORDINARIO PARA URXIR EMENDAS QUE SALVEN O FINANCIAMENTO DA N-120 E A CIRCUNVALACIÓN

  • Os populares solicitaron fai sete días a convocatoria urxente por parte do alcalde, que polo momento garda silencio.
  • “O borrador de PGE (Orzamentos Xerais do Estado) ten uns prazos, se non enmedamos isto de forma urxente, logo non haberá solución”.

Ponteareas, 10 de novembro de 2020.- O Grupo Municipal do PP volve solicitar ao alcalde, a convocatoria inmediata dun pleno extraordinario, para instar a todas as administracións e partidos políticos a que presenten unha emenda ao borrador de Orzamentos do Estado para que inclúan os 27 millóns de euros que había consignados.

“Queremos aprobar un documento conxunto que reflicta o interese de Ponteareas para que se manteña o diñeiro existente. Debemos enviar esta emenda a Madrid instando o Ministerio a rectificar a favor do noso municipio. Que se manteña o investimento de 27 millóns de euros comprometida para a N-120 e a circunvalación”, explican os populares.

Villar, portavoz e presidenta local, cre que o alcalde está a xogar a dúas bandas, facendo un discurso amable cara á plataforma da N- 120 e culpabilizando de todo ao seu socio de Goberno, o PSOE.

“Represas é o alcalde de Ponteareas. Ten poder para convocar este pleno e aprobar un documento unánime que presione dalgunha forma ao Goberno central. Que non bote balóns fóra, tanto él como a señora Chus Garrote (PSOE) erixíronse como portavoces na defensa deste investimento, por tanto correspóndelles dar explicacións das xestións realizadas e solicitar o que o Goberno pretende retirarnos”, explica a portavoz.

Os populares chaman a todos os grupos políticos de Ponteareas a facer unha gran alianza a favor dos intereses do municipio. “Necesitamos mobilizarnos xa, celebrar ese pleno e que se vexa que non hai cores políticas, que estamos a unha na defensa do noso pobo. O alcalde e o PSOE de Ponteareas teñen que deixar os partidismos ao carón e defender aos seus veciños”.