PXOM Plano

REPRESAS SEGUE SEN EXPLICAR POR QUE SOLICITOU A PARALIZACIÓN DO PXOM DE PONTEAREAS

  • 30 octubre, 2020
  • PXOM
  • O rexedor declinou novamente dar explicacións no pleno da corporación.
  • É a segunda vez que rexeita explicarnos a situación do documento e a información que nos chegou sobre a solicitude dunha prórroga e paralización puntual por parte do alcalde.

Ponteareas,  30 de outubro de 2020.- O Grupo Municipal do PP non entende porque Represas non quere dar a cara e as explicacións pertinentes en referencia ao estado e tramitación de aprobación final do PXOM.

“O último que sabemos é que desde o Goberno bipartito solicitouse á Xunta unha paralización puntual do expediente e ese é o motivo de que todo estea no aire. Descoñecemos se é un problema por falta de informes, documentos, planos ou outro motivo. O que temos claro é que se agora mesmo Ponteareas non conta cun PXOM é pola irresponsabilidade deste bipartito, que aprobou aos catro ventos o documento, que agora parece estar incompleto”, explican os populares.

 O PP solicitaba neste pleno, por segunda vez, a intervención e comparecencia do alcalde para que explicase os motivos da paralización e situación do expediente. O alcalde reclinou intervir e emprázoos a un novo pleno.